Un artefacto estoura na praza do Concello causando danos materiais

artefacto-1.jpg

:: A Policía Local asegura a que todo apunta “a unha gamberrada” :: 

Faltaban a penas cinco minutos para as doce da noite cando un estourido se escoitou en todo o centro do Porriño. Tratábase da explosión, segundo as primeiras declaracións policiais e polo casquillo atopado, dun fogo de festa. O artefacto foi colocado na praza Arquitecto Palacios, a praza do concello do Porriño e provocaba a rotura de cristais nalgúns edificios colindantes e tamén do falso teito dos soportais da praza. Os danos maiores foron os sufridos polo edificio anexo ao concello. Por fortuna, non houbo  que lamentar danos persoais. 

artefacto2.jpg

A zona foi acordoada ao momento polos membros da Guarda civil e a policía local, tanto para continuar a buscar probas como para protexer á vintena de veciños que alí se congregaron. Os primeiros en abrir as súas fiestras aseguraron a A PENEIRA DA LOURIÑA que viran correr dous mozos en dirección ao Parque do Cristo segundos despois  do estoupido. 

artefacto-3.jpg

A Policía Local do Porriño asegura que todos os indicios apuntan a que “todo foi unha gamberrada entre mozos con petardos de festas, que aínda que están prohibidos aínda se utilizan”. “O estruendo foi moito, pero tamén se debeu a que a praza é moi pequena e a esas horas o silencio é absoluto”.

 artefacto-4.jpg

Advertisements

1 Response to “Un artefacto estoura na praza do Concello causando danos materiais”


  1. 1 Cidinha Santos 3 Novembro 2013 ás 23:32

    LINDO AMEI, ME LIGUE SE PRECISAR DE MAIS BEIJOS!!!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: