Iníciase a campaña de recollida de xoguetes “Nadal Solidario” no Porriño

o-porrino_-nadal.jpg

Este Nadal todos podemos ser solidarios no concello do Porriño, doando xoguetes para as familias máis necesitadas da vila. Podemos facelo a través da campaña que está a poñer en marcha a concellería de Benestar Social que se encargará de recoller os xoguetes entre o 10 e o 20 deste mes de decembro.

Piden, iso si, que os xoguetes sean novos, non bélicos e non sexistas, dirixidos a idades de entre 0 e 12 anos.

O concello convertirá durante estos días diferentes locais da vila e parroquias en “puntos solidarios” para a recollida dos donativos. Numerosas entidades interesáronse en participar na campaña nos últimos días, polo que de seguido publicamos unha lista de todas elas. Os lugares e as horas nas que se poderán donar os xoguetes son:

O Porriño: Centro Social 3ª Idade_ Luns a Venres/10:00 á 20:00
Torneiros : Asociación San Salvador_ Luns a Domingo/A partires das 18:00
                    Cáritas Martes e Xoves/17:00 á 19:00
Mosende: Casa Cultural_ Luns a Venres/A partires das 20:00
Budiño: A Forna (na cafeteria)_ Luns a Domingo/A partires das 16:00
Chenlo: Biblioteca_ Martes e Xoves de 18:30 a 20:00, e Sábados de 11:00 a 13:00
Pontellas: Casa Cultural (na cafeteria)_ Martes a Domingo/A partires das 16:00
Carracido_ Asociación Cultural As Mimosas_ Luns a Venres/19:00 a 20:00
Atios: Casa Cultural (na cafeteria)_ Martes a Domingo/A partires das 16:00
Cans: Local da Asociación Cultural_ Luns, Martes e Venres/20:00 a 20:30

Desde a concellaría de Benestar Social do Concello do Porriño quérese animar á veciñanza do concello a participar nesta campaña. A concelleira Miriam Martínez Troncoso afirmou, “non queremos que ninguén fique sen regalo no Nadal, queremos aplicar o concepto de solidariedade aos feitos da vida diaria, e esta é unha boa ocasión para demostrar o compromiso social”.

Advertisements

0 Responses to “Iníciase a campaña de recollida de xoguetes “Nadal Solidario” no Porriño”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: