O Concello de Salceda aínda ten facturas pendentes de pago por valor de 221.474,87 €

salceda_pleno-051207.jpg

O Concello de Salceda de Caselas está a intentar poñerse ao día nas contas, pero non lle está a resultar doado, porque o goberno anterior deixou unha débeda de 336.804,77 e poucos cartos para facerlle fronte. Polo momento o novo goberno leva pagado 114.920,90 euros, o que deixa aínda unha débeda de 221.474, 87 euros, que seguen pendentes de pagar. Esto supón ademais, que por ter que pagar os ‘pufos’ que se remontan aos anos 90, non se poidan pagar as facturas do presente ano, que quedarán para mellores tempos, para cando o concello consiga poñerse ao día.

 

Na conta do deber do concello atópanse grandes facturas, pero tamén pequenos impagos como os 35 euros que recentemente se pagaron a unha tenda fotográfica do Porriño, pendentes dende o 2003, ou os 133 euros que se lle debían ao servicio de ambulancias dende a marcha ciclista do 2005. A recollida de cartón, leva sen pagarse a Cogami dende 2004.

Todas estas cifras saíron a relucir no pleno extraordinario celebrado no concello de Salceda o pasado 5 de decembro, no que se aprobaron as contas xerais do 2006 coa abstención de socialistas e nacionalistas – é dicir, do goberno. Foron os concelleiros do PP os que se responsabilizaron da xestión do goberno anterior e cos seus votos aprobaron unha conta da que discrepa o goberno actual, que se abstivo, “aínda que o corpo nos pide votar en contra, pero ao mellor sería poñer en risco ao municipio e prexudicar aos veciños”, sentenciou o concelleiro de Facenda, XXXX, quen tamén apuntou que a conta debía ser aprobada para que fora fiscalizada polos órganos superiores, unha medida sen a que o concello non podería solicitar máis subvencións. 

Advertisements

1 Response to “O Concello de Salceda aínda ten facturas pendentes de pago por valor de 221.474,87 €”


  1. 1 Xoan 7 Decembro 2007 ás 19:33

    Menos mal que botamolos fora a , semellantes pillabans!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: