O PSdeG-PSOE de O Porriño pedirá que se manteña o sistema de autoxestión educativa

ivansede1.jpg

O Portavoz Municipal Socialista do Porriño, Iván Vaqueiro, anunciou a vontade do seu grupo de solicitar o equipo de goberno o mantemento do sistema de autoxestión educativa, instaurado fai 2 anos, polo cal os centros educativos de infantil e primaria de Porriño xestionan diréctamente o 75% dos fondos de mantemento da área de Educación. 

    Segundo a portavoz socialista (concelleiro de educación na anterior lexislatura), “pensamos que se trata de un sistema positivo para a comunidade escolar, porque facilita a xestión diaria do mantemento dos centros que as veces o Concello, por falta de medios non podía realizar coa mesma celeridade. Trátase ademáis, dun sistema consensuado cos centros e coas ANPAS, que garantiza a transparencia na xestión do gasto, a fiscalización do mesmo e a participación da comunidade educativa nas decisións que afectan a cada centro”       O socialista afirmou que pedirá por carta ó alcalde Raúl Francés que este sistema se manteña, e incluso se amplíe no 2008, dado que dende este ano a Conselleria de Educación asumiu o gasto en gasoleo, polo que se podería aumentar o gasto realizado no ano 2007 pois existirá un sobrante de partida”

    Vaqueiro confia en que o BNG non modifique o sistema de autoxestión por ter resultado positivo para o mantemento dos centros educativos do Porriño e unha experiencia moi boa en canto a participación da sociedade na xestión educativa municipal.

   Como conclusión, Vaqueiro apuntou que agarda chegar a un acordo con Francés neste tema porque para os socialistas se trata dunha aposta importante pola calidade da educación, en Porriño.

Advertisements

0 Responses to “O PSdeG-PSOE de O Porriño pedirá que se manteña o sistema de autoxestión educativa”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: