Medio Rural acorda declarar de utilidade pública zonas de monte veciñal para o proxecto sectorial do parque empresarial de Mos

mos_poligono.jpg

:: O Consello da Xunta, a proposta da Consellaría do Medio Rural, declarou a prevalencia de utilidade pública do proxecto sectorial do parque empresarial de Mos sobre a dos montes veciñais en man común “Pozas Eimonde e outros”, “Baloutas, Gándara e Cercedellos” e “Salgueirón e Baloutas” pertencentes ás comunidades de Petelos, Torroso e Mos ::

 O proxecto sectorial do parque empresarial de Mos foi aprobado coa declaración de utilidade pública e de interese social das obras, instalacións e servizos previstos, así como a necesidade de ocupación para os efectos de expropiación dos bens e dereitos necesarios para a execución da obra.

A Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais ratificou o informe positivo da delegación provincial do Medio Rural, elaborado despois de que se lle comunicara o expediente ás comunidades afectadas, que manifestou o seu acordo coa execución deste proxecto tras aclarar as diferenzas de superficies alegadas.A superficie afectada é de 1.297 m2 do monte “Pozas de Eimonde e outros” da comunidade de Petelos, 184.401 m2 do monte “Baloutas, Gándara e Cercedellos” pertencente á comunidade de Torroso e 179.583 m2 do monte “Salgueirón e Baloutas” da comunidade de Mos. No informe destácase que a superficie total de afección é de 365.281 m2.

Este trámite é preceptivo para a execución de actuacións que deben levar anexa a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos terreos neles comprendidos aos efectos da súa expropiación forzosa. Ademais, esíxese a declaración expresa da Xunta para a expropiación dos montes veciñais en man común por causa de utilidade pública ou interese social prevalente ás do propio monte.

 

Advertisements

0 Responses to “Medio Rural acorda declarar de utilidade pública zonas de monte veciñal para o proxecto sectorial do parque empresarial de Mos”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: