Mos pide a paralización da N-550 mentres Fomento non cambie o proxecto

 Mañá, venres, o concello de Mos- un representante político de cada partido- manterá unha reunión en Demarcación de Carreteras, na Coruña, para deixarlles claro que non deixarán que se realicen as obras da N-550, a menos que o proxecto contemple as demandas dos veciños, xa presentadas en Fomento a modo de alegacións fai exactamente un ano. 

Estas demandas pasan por que o proxecto contemple unha rotonda, o saneamento nas parroquias polas que discorren as obras, beirarrúas cunha anchura adecuada, estacionamento nas zonas comerciais, alumeado ou acceso aos edificios e cultivos, entre outras. 

Mentres o Ministerio de Fomento non escoite e admita estas peticións, non empezarán as obras. Así o acordaron todos os partidos políticos en pleno extraordinario, un ano despois de recibir o proxecto e de presentadas as alegacións. 

No pleno de onte chegouse a prantear, por parte do BNG, a intención de denunciar a Demarcación de Carreteras, máis concretamente a Faustino Rubio, se se desoen as demandas do concello.

Advertisements

0 Responses to “Mos pide a paralización da N-550 mentres Fomento non cambie o proxecto”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: