Defendemos asiste hoxe, mércores, ao pleno no Parlamento de Galicia

plataforma1.jpg
:: A alcaldesa  anunciou a A PENEIRA DA LOURIÑA que non asistirá a sesión do Parlamento para ver a intervención de Núñez Feijoo, “xa que precisamente é el o culpable de que se fixera a autopista de pago”::

Hoxe mércores 28, 40 veciños de Mos -membros da plataforma Defendemos-  van asistir como público ao pleno do Parlamento de Galicia no que se vai debater unha proposición non de lei do PP, na que se pide diálogo co concello e os veciños de Mos por parte de Fomento e da Xunta, así como a paralización do proxecto ata que se atendan as peticións de información e diálogo do Concello. O farán coas entradas que lles facilitou o Partido Popular.

A plataforma lamenta non dispor tamén, como lles prometera o voceiro nacionalista, José Manuel Ojea, as entradas do BNG. Onte pola noite, explican os veciños, “cando xa estaban enviadas as listas de veciños xunto cos seus DNIs, e os autobuses para o mércores dispostos,-no que ían ir os veciños e dous concelleiros do PP e dous do BNG- ,  o voceiro nacionalista  avisounos de que a dirección do seu partido lle comunicara que non había tales invitacións dispoñibles”.

A Plataforma pola Defensa de Mos acredita que o portavoz do BNG “non ten nada que ver nestes feitos que poden ser calificados de traizón ao lema do seu partido: “Facer País”, xa que demostrou sempre a súa oposición frontal á desfeita de Mos”. 

Neste senso quéixanse tamén que a alcaldesa, María Jesús Escudero, “non tivera a súa disposición nin sequera dez entradas para repartir entre os veciños”. Pola súa banda Escudero anunciou a A PENEIRA DA LOURIÑA xa que non asistirá a sesión do Parlamento para ver a intervención de Núñez Feijoo, “xa que precisamente é el o culpable de que se fixera a autopista de pago”.

Advertisements

0 Responses to “Defendemos asiste hoxe, mércores, ao pleno no Parlamento de Galicia”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: