O PSdeG-PSOE do Porriño pedirá que non se rebaixen os convenios deportivos

 

  mjosefasio.jpg

:: Segundo a concelleira socialista Mª Josefa Sío, a proposta do BNG de reducir os convenios non está xustificada ::

 A Concelleira do Grupo Municipal Socialista do Porriño na Comisión Informativa de Cultura e Deportes, Benestar Social, Igualdade e Mocidade, a socialista Maria Josefa Sío Lourido, presentou un voto particular do grupo municipal socialista á proposta do goberno local de reducir a contía dos convenios deportivos do Concello do Porriño para a temporada 2007-2008.

Segundo a concelleira socialista, a proposta do BNG de reducir os convenios, non está xustificada, á vista da falla absoluta de criterios para realizar esta modificación arbitraria.

A Concelleira afirmou que a labor dos Clubes Deportivos cumpre un importante fin social no Porriño, polo que facer modificacións neste eido, sen ningún tipo de explicación e a esta altura do ano, cando os clubes xa teñen o seu orzamento dimensionado para o ano 2008, non lle parecía correcto, pois cando menos, debían terse avisado ós clubes con moita máis antelación.

Segundo Josefa Sío, “entenderíamos que o goberno local quixese organizar doutra maneira as subvencións, por exemplo, primando aos clubes que teñan máis deporte base, pero non podemos entender que se lle baixen a tódolos clubes os convenios de un ano para outro, sen ningún criterio, sen nengunha explicación ós grupos da Corporación e sen ter siquera falado cos propios Clubes Deportivos.” A Concelleira lembrou que durante a súa xestión como concelleira de deportes os clubes asumiron parte do custe do transporte, pero se fixo negociando con eles diréctamente.

Sío afirmou que segundo información recabada polo grupo socialista, non existiron reunións con todos clubes para tratar os novos convenios como era costume outros anos, polo que o PSOE sospeita que moitos clubes deportivos descoñecen a intención do BNG de recortar os convenios.

A Concelleira explicou que o voto particular que o PSOE acaba de presentar e que se debatirá no pleno deste xoves, pedirá, ó non estar claros os criterios da rebaixa proposta polo BNG, que “as contías dos Convenios Deportivos para a temporada 2007-2008, sexan as mesmas que as da temporada 2006-2007, incrementándolles o IPC interanual.”

Por último a Concelleira afirmou que o PSOE invita ós clubes deportivos de Porriño a que asistan ao pleno do vindeiro xoves ás 18:00 horas para evitar que se aprobe o recorte dos convenios deportivos.

Advertisements

2 Responses to “O PSdeG-PSOE do Porriño pedirá que non se rebaixen os convenios deportivos”


  1. 1 Jorge 27 Novembro 2007 ás 12:19

    Eu vou falar do que coñezo, en esta caso do Futbol, mais en concreto do Porriño Industrial.
    As inversions en este clube a nivel de subvencions eran moi axeitadas – ate de agora- pero a nivel de instalacions
    estanse a convertir nas peores instalacions da provincia, mais ainda si temos en conta as categorias nas que compite o clube. Calquer clube das mesmas caracteristicas, e outros mais inferiores, dispoñen de po-lo menos un campo de cespede sintetico, mentras o Porriño ten un campo de “prado” de fai 30 anos cheo de buracos, e totalmente abandonado no seu mantemento diario, que so se pode usar unha vez a saman. Dispon de un campo de terra -barro ou polvo segun do tempo- o mais pequeno de toda a provincia donde xogan equipos la liga galega e division de honra -un bo exemplo pra os que nos visitan-, coa valla a medio metro da linea de banda, co risco que leva con sigo, e cheo de regos do desaguague automatico. O campo de Futbol7
    é a metade do normal pra esta categoria e situado a 100 m dos vestuarios. Os vetuarios mellor non falar, ventanas rotas, auga quente se cadra, e os mais usados de 3×3 m que cando se duchan a auga sae po-la porta. SEÑORES DA DEPUTACION XA ESTA BEN…. OS NENOS DO PORRIÑO TAMEN SON DE DEUS E DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, e teñen o mesmo dereito que os que viven en concellos donde goberna o PP.

    E falando do tema das subvencios, en principio pra as categorias base, ai que ver si estas se invirten nestes equipos, si dispoñen de material, e servicios, botiquins como deus manda etc…

    ALA PORRIÑO.
    7


  1. 1 a Trackback en 29 Setembro 2016 ás 19:16

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: