Escudero defende a súa xestión na autovía ante as acusacións do Partido Popular

  Podes atopar esta nova ampliada na edición impresa, que xa está na rúa
mos_pleno191107.jpg  

:: Nidia Arévalo califica a actuación da alcaldesa de “nefasta” mentres o BNG, que se mantivo neutral durante o Pleno, explicou o seu traballo nas diferentes administracións ::

María Díaz/ MOS

Case tres horas de pleno non fixeron que as posturas de PP e PSOE se encontrasen, no que se refire a xestión feita polo Concello para paralizar a nova autovía que o Ministerio de fomento ten prevista para Mos. Mentres Nidia Arévalo, voceira do Partido Popular, pedía máis papeis que xustificasen o traballo da alcaldesa, Escudero remitía á oposición a factura telefónica onde, asegurou, se poden atopar os estratos das horas de conversas con responsables políticos de Madrid e Compostela sobre o asunto.

“Tivemos unha entrevista coa conselleira de Política Territorial, co xefe de Demarcación de Carreteras, co xefe de gabinete de Víctor Morlán, co subdelegado de goberno, cos alcaldes do Porriño e Vigo, ademais de prestar todo o apoio aos veciños e as manifestacións”, aclara María Jesús Escudero, alcaldesa de Mos, quen lembrou que tamén se mantivo unha entrevista coa propia conselleira de Política Territorial, María José Caride, aínda que a resposta non foi a que o Concello quería escoitar.

Aos populares estas xestións non lles parecen as adecuadas. Máis aínda, acusan a alcaldesa de “ir dando tumbos polas administracións”. “Cando estivemos en Madrid-di Nidia- nos dixeron que a pelota estaba no tellado da consellería e do presidente da Xunta”, por iso, Arévalo non perdoa a alcaldesa que non “se encadease diante do seu despacho” ata ser atendida e tivese que agardar ata o o 3 de outubro para entrevistarse con Caride.

Pero o que máis molesta aos populares é que non aparece ningún xustificante, segundo Arévalo, que probe que a alcaldesa enviou a Fomento o acordo plenario do 28 de febreiro no que por unanimidade se rexeitaba a nova autovía e se pedía unha reunión co Ministerio de Fomento. “Quedamos pasmados cando -logo de ter a documentación- vemos que nada dos acordos que aquí se tomaron chegaron a Fomento”. Segundo Árévalo, neses momentos non se pediría unha reunión con Fomento e si co subdelegado de goberno, Delfín Fernández. ” Paréceme ben que a alcaldesa faga xestións a maiores, pero non era o que se acordara no pleno”. En outubro, aclara Nidia, “si se enviou a todos os organismos oficiais, pero xa era tarde”. A partir de agora, concretou a popular, “pedimos que todo o que haxa que loitar se faga por escrito”.

“Detrás de todos eses faxes houbo innumerables chamadas telefónicas a diferentes administracións”, explica Escudero, quen asegura que nunca deixará de loitar polos veciños, primeiro para evitar a autovía, pero senón é así “para buscar outras contrapartidas, estando ao lado dos afectados para que cobren o xusto prezo e creando unha oficina permantente durante todo o período de exposición ao público do proxecto constructivo”. Neste senso, Escudero botou en cara a Arévalo que non tiña “autoridade moral para vir con ese tipo de esixencias”, acusando ao PP da actual autovía e á propia voceira popular de votar en contra nun pleno, fai catro anos, de que a AP-9 fose libre de peaxe.

 A alcaldesa podería ser inhabilitada pola última manifestación

A última manifestación convocada pola Plataforma Defendemos, contaba co informe desfavorable do xefe da Guardia Civil de Tráfico, polo que a alcaldesa de Mos, ao acudir, enfrontouse á inhabilitación do seu cargo. “Sendo consciente da responsabilidade de estar ao fronte da manifestación, xogándome incluso unha inhabilitanción, fun e me puxen diante”, explicou María Jesús Escuderon no pleno celebrado o 19 de novembro e convocado polo Partido Popular, precisamente para falar do problema da nova autovía.
Por este motivo a alcaldesa anunciou que non participaría en ningunha outra que contase con informe desfavorable. “Eu non podo volver a asumir a responsabilidade dunha manifestación que non conte cun informe favorable”.

Advertisements

1 Response to “Escudero defende a súa xestión na autovía ante as acusacións do Partido Popular”


  1. 1 diogo 23 Novembro 2007 ás 09:08

    O mellor do pleno, a dación de conta que Ojea deu de todas as xestions feitas por Olaia Davila (BNG) no congreso dos deputados español para parar esta masacre. O BNG con só dous deputados fixo máis que os máis de cen que suman PP e PsoE. Unha vergoña.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: