Veciños da rúa Servando Ramilo do Porriño impiden o paso dos camións

vecinhos.jpg

 

 Varios veciños da rúa  o paso dos camións que se dirixen á obra de demolición que se está levando a cabo no Parque do Cristo de Porriño, tralas denuncias por parte dos veciños de que o paso destes camións de gran tonelaxe estaba xerando gretas polo afundimento da rúa producido polo paso destes camións. Fixérono a partir da beirarrúa, sen ocupar a vía, “para demostrar-segundo sinalan- que a rúa Servando Ramilo non está preparada para albergar estes camións, que ocupaban parte da beirarrúa polo seu largo, superior ao da propia vía”.


Os veciños móstranse preocupados polo aumento das gretas na rúa que poden afectar ás súas vivendas, que xa alcalnzan varios centímetros, ao estar estas situadas en dous planos de terreo distintos e ter camións un alto tonelaxe, algo que denunciaron ao Concello sen que este tomase ningunha medida.

Segundo sospechan os veciños, a empresa non dispón de permiso de ocupación de espazo público, polo que os seus camións non poden pasar por unha vía ocupando tamén as beirarrúas. O Concelleiro de Obras, Pedro Pereira confirmou aos veciños que pedirá un informe ao técnico de obras do Concello para que avalíe a situación da rúa, aínda que negouse a afirmar se seguirá ou non permitindo o paso de camións pola rúa Servando Ramilo.
Os veciños afirman que seguirán coas súas medidas de protesta e piden aos partidos políticos da oposición que insten ao Concello a que busque outro paso para estes camións.

Advertisements

0 Responses to “Veciños da rúa Servando Ramilo do Porriño impiden o paso dos camións”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: