Medio rural inviste 150.000 euros en obras nas parroquias de Salceda

salceda_rp-medio-rural.jpg 

:: Os técnicos da consellería estudarán tamén investimentos para a recuperación da Carbaleira de Xabarís ::

Texto modificado 

A consellería de Medio Rural investirá máis de 150.000 euros no municipio dentro do Programa estratéxico de infraestructuras do medio rural (PEIM) do 2008.

En concreto investiranse 105.000 euros na construcción dun depósito, un sistema de bombeo e a rede de distribución da traída de auga  de Soutelo. Ademais revestirase o depósito da  traída de auga de San Esteban de Budiño, para o que a consellería destinará 35.000 euros, aproximadamente. Os 11.000 euros restantes – en concreto 11.165- irán para o financiamento da construcción dun pozo na traída do barrio da Feira.

Así o confirmou o delegado na provincia de Pontevedra da consellería, Amadeo Gonzalo Constenla Bergueiro, durante a súa visita ao concello de Salceda de Caselas o pasado día 19 de novembro.

 “Trátase de medidas urxentes para Salceda”, apunta o alcalde de Municipio, Marcos Besada, que tamén pediu colaboración á consellería  para a recuperación da carballeira de Xabarís, emprazada en Santa María de Salceda, entre os barrios da Feira e Barreiro. Trátase así de poñer en valor a carballeira e o lavadoiro existente na ribeira do Meixoa. Alí ten previsto construírse tamén a nave de servizos da maquinaria de Medio Rural.
O delegado provincial xa mostrou o seu interese neste proxecto aínda que agora deberán ser os técnicos os que o estudien.

Mancomunidade de montes
 O delegado de Medio Rural volverá a Salceda a principios de ano, xaneiro ou febreiro, para reunirse coa Mancomunidade de Montes do municipio que está a piques de crearse.
“Estamos moi satisfeitos da creación desta mancomunidade e de que o concello a teña potenciado e se implique nela”, asegurou Constenla nas súas declaracións á prensa , axplicando que esto facilitará a concesión de determinadas subvencións ás que as comunidades de montes, por separado, non terían acceso ao non cumprimentar as hectareas requeridas (500). “Con este sistema a execución de proxectos é máis doada, e maior a fluidez a hora de concretalos”.

Advertisements

0 Responses to “Medio rural inviste 150.000 euros en obras nas parroquias de Salceda”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: