Salceda subvenciona con 30.100 euros varias asociacións do municipio

convenios-salceda.jpg 

:: As entidades beneficiadas son o Clube de Baloncesto Caselas (6.000 €), a Coral de Salceda (1.000 €), a Asociación de Amigos da Música (21.000 €) e a Asociación Xuvenil Nós Somos Nós (2.100 €) ::

Marcos Besada, alcalde de Salceda de Caselas asinou varios convenios de colaboración con entidades culturais e deportivas do concello. Esta é a primeira oleada de convenios, quedando pendentes outros cinco para datas próximas, que están en proceso de formalización

As entidades beneficiadas son o Clube de Baloncesto Caselas (6.000 €), a Coral de Salceda (1.000 €), a Asociación de Amigos da Música (21.000 €) e a Asociación Xuvenil Nós Somos Nós (2.100 €). No acto, no que se reuniu aos presidentes de ditas asociacións, o alcalde pediu disculpas polo atraso na firma dos convenios, relativos a este ano 2007, e que xa debería ter asinado o anterior alcalde a principios de ano.

Asi, suliñou “o absurdo de estar asinando un convenio de colaboración para un acto, por exemplo o Entroido, que se celebrou xa a principios de ano, pero para o que aínda non chegou a axuda do Concello”. Por outra banda, o alcalde manifestou a intención do Concello de revisar estes convenios de cara ao ano próximo, procurando que moitas das asociacións que ata o de agora tiñan que recibir as subvencións por concorrencia competitiva se vexan tamén reflectidas nos orzamentos do Concello con axudas nominativas, co seu correspondente convenio de colaboración. Tras a firma de onte, quedan agora pendentes para a próxima semana a Asociación Xuvenil Entroido, as Escolas Deportivas, O Clube de Balonmán Caselas, a Coral de Entenza e o Caselas Clube de Fútbol.

Advertisements

0 Responses to “Salceda subvenciona con 30.100 euros varias asociacións do municipio”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: