O PSdeG do Porriño pide a modificación do PXOM para crear vivenda protexida

porrino-psoe.jpg 

:: O PSOE agradeceu o apoio de CxP a súa moción e afirmou que abrirá unha ronda de contactos co resto dos grupos para que apoien a iniciativa socialista de modificar o PXOM ::

O Grupo Municipal Socialista de Porriño e membros das Xuventudes Socialistas de Porriño compareceron hoxe en roda de prensa para presentar a proposta de modificación do PXOM para adaptar a reserva municipal de solo ó 30% tal e como esixe a nova Lei 8/2007 de Suelo aprobada no ámbito do estado.

Iván Vaqueiro valorou negativamente que o BNG votase en contra da creación do Patrimonio municipal do solo de Porriño, “tal e como obrigan os artigos 174 da Lei de Ordenación Urbanísitica de Galicia e o artigo 33 da Lei 8/2007 de Suelo”, e recordou a Francés “que Porriño debe cumplir a lei”. O PSOE agradeceu o apoio de CxP a súa moción e afirmou que abrirá unha ronda de contactos co resto dos grupos para que apoien a iniciativa socialista de modificar o PXOM, ó que invitou ó propio BNG. Segundo Vaqueiro, “o BNG non modificou nada do urbanismo herdado de Barros, e lle pedimos que se sume, porque é o momento de falar en serio da vivenda e do urbanismo”.

O voceiro municipal socialista, afirmou que o PSOE pedirá a creación dunha Comisión Especial de Reforma do PXOM que esté integrada por todos os partidos e que incorpore a opinión dos cidadáns e colectivos sociais. “Temos que acabar co oscurantismo co que se fixo o PXOM e propoñer unha reforma participada pola sociedade. Que os porriñeses e porriñesas falen tamén do Porriño que queren e demandan.”

Vaqueiro afirmou que a Vivenda pública é unha necesidade social e un dereito irrenuncuiable polos poderes públicos, tal e como recorda o artigo 47 da Constitución, e en Porriño, afirmou o socialista, non se pode deixar en mans privadas únicamente a dotación deste necesario servicio. O PSOE lembrou que na actualdiade, pisos de 90 metros cuadrados en Porriño oscilan entre os 170000 e os 200.000 euros, cantidades que son moi compicadas de aportar para unha familia media que ten que ver como se hipoteca o seu futuro por ter acceso a algo que é un dereito, como é a vivenda.

Pola súa parte, o secretario xeral das XSG de Porriño, Fran Leboso, criticou que o BNG se esquenza dos mozos e mozas de Porriño e esixiu un compromiso do goberno local coa vivenda para os máis novos. “O goberno local debe promocionar a vivenda pública a precios dignos para que os máis novos poidamos independizarnos. Non apoiar a vivneda pública é esquencer á mocidade e as persoas máis desfavorecidas”

Advertisements

3 Responses to “O PSdeG do Porriño pide a modificación do PXOM para crear vivenda protexida”


  1. 1 orgulloso 16 Novembro 2007 ás 15:37

    Vivan las juventudes socialistas!!!! Fran será el próximo alcalde. Ese rapaz vale mucho!!!

  2. 2 diogo 19 Novembro 2007 ás 12:08

    Vivan las Juventudes socialistas monárquicas de españa!!
    Deixádevos de demagoxias baratas. Ou queredes facer como o alcalde de Vigo, que ía mudar todo o plan xeral e ao final non mudou nada.

  3. 3 Lope 23 Novembro 2007 ás 08:39

    Muy bien, hace falta más vivienda. Nos arrasan las hipotecas.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: