Iniciouse o saneamento de varios barrios da parroquia porriñesa de Pontellas

 

pontellas.jpg

 :: O orzamento das obras ascende a máis de 100.000 euros ::

 

 O Concello do Porriño informou, a través da súa Concellaría de Vías e Obras, do inicio, dentro do Plan de Saneamento dos Núcleos Rurais do concello porriñés, das obras de saneamento dos barrios de Barreiro, San Andrés e San Campio, na parroquia de Pontellas.

As obras iniciadas, son todas as necesarias para dotar aos citados barrios dunha rede de saneamento para a eliminación de todas as augas fecais, rede da que carecen até agora os veciños destes núcleos rurais.

A inexistencia deste fundamental servizo, produce diversos problemas tanto de tipo medioambiental como sanitarios, debido ao mal funcionamento das fosas sépticas existentes e mesmo aos vertidos incontrolados e directos ás vías públicas. A totalidade do trazado desta rede de saneamento discorre por camiños e sendeiros de dominio público. O orzamento para esta actuación, que está a ser executada por Excavaciones y Construcciones Manuel Pérez Portela S.L., ascende a 100.914,27 €, dos cais 30.274,28 € son achegados polo Concello do Porriño, 30.274,28 € pola Deputación Provincial, e 40.356,71 € polo Ministerio de Administracións Públicas (MAP). O prazo de execución da obra é de un mes.

De forma paralela, a empresa adxudicataria da obra, está a instalar unha nova tubería para o abastecemento de auga da traida dos veciños de Centiáns. A nova tubería, de politeleno, ten 75 centímetros de diámetro e empalmes electrosoldables.  O novo colector, súmase aos xa instalados nos barrios de Louriña, Igrexa, Outeiro, San Campio, Centro Cultural e Escola; e chega até o barrio de San Andrés, a altura da autoestrada AP-9.

Queda pendente de executar o tramo dende este ponto ao colector xeral do río Louro, para que estes colectores podan entrar en funcionamento. Respecto ao colector pendente, o Concello do Porriño, a través do seu alcalde Raúl Francés, e do seu concelleiro de vias e obras, Pedro Pereira, mediante reunión mantida con Augas de Galicia (organismo dependente da Consellaría de Medio Ambiente), solicitou á mesma que asumira o custo dos colectores secundarios de conexión ao colector xeral.

Dende a Concellaría de Vías e Obras do Concello do Porriño, reitérase no compromiso do goberno do BNG coa paulatina instalación de redes de saneamento en todos os núcleos rurais do concello, tanto a través da financiación propia, como da colaboración con outras entidades.

 

 

 

Advertisements

0 Responses to “Iniciouse o saneamento de varios barrios da parroquia porriñesa de Pontellas”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: