Vaqueiro pide a Francés que inicie as negociacións ou que explique a cidadanía porqué non quere un pacto de goberno

psoe-rp.jpg 

:: O concelleiro socialista apoiará os orzamentos se ao menos o 50 % dos investimentos son para as parroquias :: 

María Díaz 

O PSOE do Porriño quere un pacto de goberno e están dispostos a seguir negociando sempre e cadno o BNG tome a iniciativa. Os socialistas deron o último paso, no mes de setembro, chamando aos nacionalistas para presentarlles unha proposta de reparto de áreas, da que, polo momento, non recibiron resposta. “Foi unha proposta na que fixemos un gran esforzo de xenerosidade renunciando a áreas que tíñamos na anterior lexislatura, como é Benestar Social”, explica Vaqueiro, que pide a Francés que “con luces e taquígrafos fagamos un debate público ou no formato que el elixa para que explica porqué non quere o pacto”.  Esa é a impresións que teñen os socialistas, “o BNG non quere pacto”, senón, creen, logo de mes e medio xa os terían chamado. Neste senso, piden ao alcalde, Raúl Francés que se é certo o diga publicamente “e non confunda á cidadanía”.  Vaqueiro asegura que aínda que “evidenetemente non teremos maioría, si teremos un goberno máis forte e con capacidade de actuación, por iso a nosa oferta de diálogo segue vixente, pero os pactos non se están levando correctamente”

Orzamentos

 Tamén ofrece diálogo o PSOE nos orzamentos, que aprobará, en principio, sempre e cando se asenten en tres alicerces básicos: un aumento dos gastos socio educativos, unha política de saneamento integral nas parroquias e criterios de desenvolvemento sostible e que ao menos o 50% dos investimentos vaian dirixidos ás parroquias para equilibrar os servizos que actualmente existen no Porriño.  Este último punto será presentado no vindeiro pleno como moción.

Os socialistas tamén pedirán, a través de sendas mocións, que o Porriño se adira á Axencia de Protección da Regularidade Urbanística de Galicia, e que se constitúa o Patrimonio Municipal de solo do Porriño, dirixindo parte da xestión de aproveitamento urbanístico derivada da xestión dos plans parciais á promoción de vivenda pública.

:: A PROPOSTA SOCIALISTA ::

Áreas_ 

O PSOE quedaríase coas áreas de : medio Ambiente, Seguridade, Deporte, mocidade e outros, Promoción económica, Facenda.

O BNG: Urbanismo, Vias e Obras, Emprego e sociedade do coñecemento, Servizos Sociais, Cultura, Desenvolvemento Local, Industria, Personal.

Dedicacións_

PSOE: 1ª tenencia de alcaldía, unha dedicacióne exclusiva, dúas parciais e un cargo de confianza

BNG: Alcaldía, 3 dedicacións exclusivas e 3 cargos de confianza

Advertisements

0 Responses to “Vaqueiro pide a Francés que inicie as negociacións ou que explique a cidadanía porqué non quere un pacto de goberno”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: