O Faro de Budiño, a marabilla máis valorada do Porriño

tres-das-sete-marabillas.jpg

O Concello do Porriño, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, fai públicos os resultados da campaña en fomento do galego e da promoción do patrimonio histórico, arquitectónico, cultural e natural “As sete marabillas do Porriño”.

Dende o Departamento de Normalización Lingüística, o concello porriñes quere agradecer a veciñas e veciños a súa articipación, que neste caso elevou o número de votos emitidos a 565, confirmando máis unha vez a boa acollida das actividades do departamento normalizador do noso idioma entre a veciñanza do Porriño. Esta alta participación mesmo levou aos responsables do concurso a ter que ampliaren o prazo para a emisión dos votos.

As sete marabillas gañadoras cos seus respectivos nomes son:

1ª Faro de Budiño: 109 votos.

2ª Casa do Concello: 88 votos

3ª As Gándaras: 63 votos

4ª Ruta da Rocha e da auga de Carracido: 48 votos

5ª Muiños das parroquias: 41 votos

6ª A Risca: 33 votos

7ª Fonte do Cristo: 26 votos

As seguintes máis votadas foron, o conxunto dos parques do Concello, a porta do metro de Palacios no Campo da Feira e o conxunto peonil do centro da vila. É de salientar a importancia outorgada por veciñas e veciños aos espazos naturais do noso concello, cinco das sete marabillas máis votadas destacan polo seu alto valor ecolóxico.

A máis das marabillas con maiores apoios, o Concello do Porriño non quere deixar de mentar outros recunchos de grande interese e valor do noso municipio, que tamén obtiveron os votos da viciñanza do Porriño: o Castelo de Cans, a Fonte de Santiaguiño en Budiño, a Fonte dos Aloques, os Cabreiros de Chenlo ou o amencer por tras da Capela dos Milagres de Carracido.

Entre as explicacións dadas por veciñas e veciños para xustificaren a súa escolla, os membros do Servizo de Normalización Lingüística do Concello do Porriño atopáronse tanto reflexións ben fundamentadas, coma retrancas propias do país a modo de propostas de mellora para o funcionar do concello porriñés.

Por último sinalar, como se informou no seu momento, que entre as persoas participantes  vense de realizar un sorteo para premiar a tres delas cun lote de material didáctico-cultural.

As persoas gañadoras do premio son: Félix Pérez, Divina Aires e Segismundo Pérez.

Advertisements

2 Responses to “O Faro de Budiño, a marabilla máis valorada do Porriño”


  1. 1 Luis Fernandez Perez 5 Novembro 2007 ás 20:02

    Desde NICARAGUA sintime muy orgulloso de ter esa maravilla do Porriño na miña parroquia BUDIÑO

    Un salu a PORRIÑO

  2. 2 helena 6 Novembro 2007 ás 13:06

    fermoso, o faro


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: