A alcaldesa de Mos agarda que o BNG acepte a súa proposta

escudero.jpg

:: Escudero non presentou as dedicacións exclusiva no último pleno por temos a que non aprobaran a urxencia :: 

María Díaz 

“As portas están abertas”, asegura María José Escudero, alcaldesa de Mos, en referencia ao pacto de goberno. As portas e as liñas telefónicas, porque o grupo socialista, que actualmente conforma o goberno de Mos, agarda unha chamada do BNG para aceptar o pacto que na última reunión quedara sobre a mesa.

Un pacto que, en opinión de Escudero, está en función da representatividade no concello. O PSOE daríalle aos tres concelleiros nacionalistas Cultura -que inclúe o Multiusos, o ciber, a biblioteca, patrimonio e a radio-, Vias e Obras, Medio Ambientes e Economía Facenda e Patrimonio. O  problema é que, ao parecer, os nacionalistas non queren estas dúas áreas pero sí Servizos Sociais, unha concellería da que non está disposta a desfacerse o PSOE e “menos aínda subdividila”, di Escudero.

“Nós queremos un goberno de maioría para Mos”, afirma a alcaldesa, pero parece que sean eles os que no queiran o pacto”. Na mesma liña aclara que “non somos un goberno débil, tan só somos un goberno en minoría.   

Neste senso Escudero continúa na súas trece, e asegura presentará de novo as dedicacións exclusivas para o seu grupo, o PSOE. Xa o pasado mércores aseguraba a A PENEIRA DA LOURIÑA que o faría no pleno ordinario deste xoves. Non o fixo. “Como non o puxen na orde do día supuxen que non ían a aprobar a urxencia, e por iso xa non os presentei, pero o farei pronto, moi pronto”. A alcaldesa aclara que o PSOE quere un pacto, pero que se os nacionalistas non están dispostos a aceptalo, “polo menos faciliten a gobernabilidade”, en referencia ás dedicación.

Unhas dedicacións que, de entrar os nacionalistas no equipo de goberno, se manterían como na última lexislatura. A parte da alcaldía concederíanselle dúas dedicacións ao BNG e dúas para o PSOE. Cada un deles tería tamén un posto de confianza, a tempo completo para o PSOE e parcial apra o BNG.

Advertisements

1 Response to “A alcaldesa de Mos agarda que o BNG acepte a súa proposta”


  1. 1 diogo 24 Outubro 2007 ás 06:37

    A esta muller o único que lle interesa son as dedicacións esclusivas.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: