O BNG asegura que o PSOE quere gobernar en solitario

negociacion-bng-mos.jpg

::  Os nacionalistas lembran que eles lle deron o apoio a Escudero para gobernar  e que “nunca faremos pinza con ninguén” ::

Nunha rolda de prensa celebrada o pasado sábado, o BNG de Mos manifestou “estar canso de tantas reunións sen sentido”. O grupo municipal nacionalista deu conta deste xeito dos últimos momentos nos que se atopa a negociación co PSOE para formar un pacto de goberno estable no concello de Mos. Diego López, xunto con Emilio Alonso e Miguel Aldea, integrantes da negociación, e o responsable local Roxelio Pereiro foron os encargados de informar do estado da cuestión. “Desesperamos coa actitude de María Jesús Escudero que, coa súa intransixencia,  consideramos que é a principal responsable de que non se leve a cabo un pacto de goberno”, sinalou con contundencia Diego López.

Os nacionalistas aseguraron que levan dous meses “levando a iniciativa do pacto de goberno, solicitando reunións, demostrando que temos ganas de gobernar e de entrar nun goberno de maioría”. Para o BNG a actitude do PSOE “é de non querer gobernar con nós”. Os nacionalistas lembran que eles lle deron o apoio a Escudero para gobernar  e que “nunca faremos pinza con ninguén”.

Futuro
Diego López sinalou que “o BNG, dentro da súa desesperación, seguirá aberto a calquera negociación sempre buscando o ben dos veciños de Mos, seguirá aportando propostas, que serán apoiadas por PP ou por PSOE, danos igual, con tal de que repercutan nun mellor camiño para o concello de Mos”. Neste punto asegurou que os nacionalistas seguirán estando a carón dos veciños no tema da nova autovía.

Advertisements

0 Responses to “O BNG asegura que o PSOE quere gobernar en solitario”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: