Non se trama ningunha moción de censura contra o goberno do Porriño

vineta_pacto.jpg 

:: A pesar das dúbidas xeneradas polo publicado recentemetne por un diario vigués os grupos de centro dereita desmenten a A Peneira da Louriña novos movementos e mantéñense na mesma postura adoptada no pleno de investidura ::

María Díaz/ Diego Giráldez
“Non houbo ningunha reunión con ninguén”, asegura Nelson Santos, líder de CxP. “Acabamos de elexir alcalde fai catro meses e non nos planteamos cambiar de postura”. Sen Santos, non dan as contas no centro dereita: non hai mo- ción de censura. O lider de Ciudadanos si que fala de pactos, pero neste caso de esquerda: “Que cheguen a un acordo Psoe e BNG e que sigan gobernando como o fixeron ata o de agora”.

Tampouco Gonzalo Ordóñez variou a súa postura con respecto a fai catro meses. Él está disposto a apoiar ao Partido Popular nun goberno de centro dereita, pero tamén asegura que non se avanzou nas negociacións.

Santos, Ordóñez e o propio Manuel Carrera, líder popular, desmentían a A Peneira da Louriña, ao peche desta edición, novos movementos ou negociacións para a realización dunha moción de censura contra o goberno do BNG. Desmentían polo tanto os rumores que xurdían logo dunha nova publicada nun xornal vigués na que Ordóñez garantía o seu aopoio a unha presunta moción liderada polo PP. Xa fai catro anos este mesmo diario anunciara unha moción de censura contra o entonces goberno bipartito, PSOE-BNG, que nunca chegou a forxarse.

“Seguimos igual, Ciudadanos está totalmente pechado, igual que no pleno de investidura”, asegura Manuel Carrera, consciente tamén de que conta co apoio de Ordoñez. Un apoio que de nada lle serviu no pleno de investidura pero que o lider de IdeP volvería a repetir. “Queremos un goberno estable, pero o BNG rexeita facer calquer pacto, nin con nós, nin co PSOE e non pode ser que un goberno de cinco se impoña a 17”.

Ordóñez amosa claramente o seu apoio a un pacto de centro, pero tamén apunta que “non é a nós a quen corresponde negociar”.

Polo tanto, despois das conversas mantidas cos líderes dos diferentes partidos políticos do centrodereita do Porriño a conclusión é que, tal e como nos dixeron, todo segue igual.

 

Orzamentos consensuados

Raúl Francés, alcalde do Porriño, asegura que “por primeira vez os orzamentos serán persentados en tempo”, a primeiros de novembro. Para elo o goberno municipal xa está a traballar e a chamar a todos os grupos políticos en busca do seu apoio. “Chamamos a todos, e non só ao PP como se dixo”, continúa Francés. A Peneira corroborou con todos os líderes do Porriño esta chamada e preguntoulles a súa postura:

Ivan Vaqueiro, lider socialista,  asegura que están dispostos a sentarse a negociar as contas, “eu como exconcelleiro de Facenda coñezo a necesidade duns orzamentos para o Porriño”.

Pola súa banda, Manuel Carrera, do PP, supedita a aprobación das contas a que se respeten “determinados puntos do noso programa”. Unha postura moi similar á de Gonzalo Ordóñez, de IdeP, quen se mostra partidario a aprobalos “sempre e cando sean consensuados, fundados, e se respecten algúns investimentos en infraestructuras, aperturas de rúas, o auditorio…”

Nelson Santos, de CxP, quere agardar a ver as contas. “Non temos ningunha decisión tomada”, di.

Advertisements

0 Responses to “Non se trama ningunha moción de censura contra o goberno do Porriño”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: