Ojea ameaza con mobilizacións ‘mais contundentes’ pola supresión da peaxe

xose-manuel-ojea.jpg

Xosé Manuel Martínez Ojea, voceiro do Bloque Nacionalistas Galego en Mos non pensa aceptar ningún tipo de contrapartidas por parte de Política Territorial. A única postura que aceptará o BNG será a supresión da peaxe da AP-9 ou que a nova autovía discurra ba ixo túnel. Tampouco aceptarán  ” ese boulervard que non pasa de ser unha autovía con vallas por medio”, en referencia a proposta de caride de converter a actual A-55 nunha travesía interurbana. Por iso anunciou xa “mobilización s máis contundentes para que a Xunta e Fomento non oian e accedan ao diálogo”.

“Rematouse a espera activa pero silenciosa”, asegura Ojea, polo que a partir de agora faranse oír. “Necesitamos contundencia porque fomento ten que enterarse. Non tomaremos medidas violentas, pero sí esixiremos diálogo e seremos contundentes para que se enteren”.

Os nacionalistas, en colaboración coa plataforma e os veciños afectados, non só presionará a Xunta e a Fomento con mobilizacións, senón que xa anuncian presión administrativa, e non cesarán ata entrevistarse coa conselleira de Política Territorial.

Asemade presentarán unha moción no vindeiro pleno “para acordar a racionalización das infraestructuras no noso entorno”.

Advertisements

4 Responses to “Ojea ameaza con mobilizacións ‘mais contundentes’ pola supresión da peaxe”


  1. 1 diogo 16 Outubro 2007 ás 06:37

    Maria Jesús TRAIDORA
    Antes das eleccións dicías: “Autovia por encima de mi cadaver” e agora nos ves cun boulevard.

  2. 2 Sabela 18 Outubro 2007 ás 13:14

    É unha pena que algúns representantes políticos muden de parecer segundo estean ou non no poder…
    É unha contradición que os que hai catro anos renovaron a concesión das autoestradas por outros 50 anos, pidan agora a supresión dunha peaxe…Pero nunca é tarde para defender aos veciños.
    Tamén é unha pena que os que hai pouco dicían que por Mos non pasaría unha nova infraestrutura que non sexa negociada co concello e cos veciños,agora se conformen cunha autovía con aceras…
    É unha pena e unha contradición que o único grupo político no concello que sempre estivo á carón dos veciños (antes de estar no poder e estando no poder), sexa o que menos representación ten…

  3. 3 diogo 19 Outubro 2007 ás 07:12

    Cuanta razón tes Sabela.
    Mª Jesús Traidora
    Nidia Hipócrita

  4. 4 Enrique 30 Outubro 2007 ás 10:49

    Este goberno leva 6 anos dirixindo o noso pobo. 6 anos para elaborar un nobo plan xeral. Resumindo, van facer outra autovía.

    Contentos? por suposto. É o que os representantes políticos de Mos saben facer polo pobo e a nosa terra. Incluso os nacionalistas prefiren unha autovia gobernada polo PSOE ca unha MOCION DE CENSURA para colgar os individuos que levaron o noso concello a estes estremos.

    NAZIS NON POR FAVOR!!!!!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: