Óscar Pereiro recibiu a homenaxe de Mos polo Tour 2006

A festa enturbouse ao equivocar o himno e poñer o preconstitucional de Franco

A Peña Óscar Pereiro, coa colaboración da Consellería de Deportes, a Deputación de Pontevedra, o Concello de Mos e unha entidade financeira, celebrou o pasado 6 de outubro unha festa para homenaxear ao ciclista Óscar Pereiro, gañador do Tour 2006.

Os actos comezaron ás 21 horas na zona “vip” onde numerosas personalidades do mundo da cultura e o deporte galego celebraron xunto a Pereiro a victoria agora recoñecida publicamente. Despois, xa no exterior, as Malvela puxeron a nota local xunto ao deportista, e amigo de Óscar, Xacob Agra. As institucións colaboradoras no acto, entre elas a Fundación Fedys, Unión de Deportistas Solidarios, representada por adestrador nacional Arsenio Iglesias, agasallaron ao ciclista cun obsequio e vivionouse un documental coa súa traxectoria deportiva.

Polémico himno
Nun escenario preparado para a ocasión co fondo dos campos Eliseos escenificouse a entrega do Maillot amarelo a carón dos seus compañeiros Zandio e “Chente”. Eis aquí que cando tiña que escoitarse o himno español pola megafonía no seu lugar apareceu o himno preconstitucional non oficial da etapa franquista. Con letra de Pemán esta versión fomentaba os valores do alzamento militar de 1936. A letra: Viva España, alzad los brazos/ hijos del pueblo español,/ que vuelve a resurgir./ Gloria a la Patria que supo seguir,/ sobre el azul del mar, el caminar del sol./ ¡Triunfa España! Los yunques y las ruedas/ marchan al compás/ del himno de la fe./ Juntos con ellos cantemos de pie/ la vida nueva y fuerte de trabajo y paz./ Viva España, alzad los brazos/ hijos del pueblo español,/ que vuelve a resurgir./ Gloria a la Patria que supo seguir,/ sobre el azul del mar, el caminar del sol.
Despois a festa continuou con fogos artificiais, un concerto do grupo ferrolán Los Limones e música disco.

Advertisements

2 Responses to “Óscar Pereiro recibiu a homenaxe de Mos polo Tour 2006”


  1. 1 Diogo 9 Outubro 2007 ás 06:58

    Espero que a alcaldesa de Mos pida disculpas a todos e todas polo espectaculo bochornoso que sufrimos os asistentes ao acto de recoñecemento a Oscar Pereiro. Na miña vida mirei tal cúmulo de despropósitos. Os da peña Oscar Pereiro lucíronse (penso que se lles foi totalmente das mans)e a alcaldesa suvencionou un acto sen saber nada do que se ia facer. Así non se fan as cousas. (falta saber canto coustou)

  2. 2 Sabela 9 Outubro 2007 ás 12:50

    Certamente foi un espectáculo bochornoso o que sucedeu no suposto podium, xa que antes do himno preconstitucional, puidemos ver esas caretas que levaban os “verdadeiros” compañeiros de podium de Óscar nos tamén supostos Campos Eliseos. A persoa responsable deste acontecemento ten a obriga de dar explicacións e pedir disculpas en público por non supervisar o que alí aconteceu.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: