Salceda adhírese ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

consorcio-benestar-salceda.jpg

:: O concello porá a disposición os terreos papra facer un centro de día :: 

Marcos Besada e a Concelleira de Benestar Social, Mónica Vizcaya, mantiveron unha reunión con Lois Pérez Castrillo, Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar no Concello de Salceda de Caselas na cal se acordou a adhesión do Concello de Salceda ao Consorcio.

 No próximo pleno do 26 de outubro levaráse a aprobación o acordo de adhesión ao Consorcio,a aprobación dos estatutos e o nomeamento do representante do Concello nos seus órganos. A certificación plenaria correspondente será remitida á sede dos Servizos Centrais do Consorcio.

Unha vez recibido este acordo plenario, o Comité Directivo do Consorcio, na súa xuntanza ordinaria, aprobará a adhesión, tras o cal se firmará un convenio de adhesión polo Alcalde de Salceda e o presidente do Consorcio: o Vicepresidente da Xunta de Galicia.

A adhesión ao Consorcio vai permitir asinar un convenio para a xestión e apertura da Galescola, prevista para o próximo ano e que terá capacidade para 61 cativos de entre cero e tres anos.

 Centro de día 

Na conversa mantida tamén se contemplou a futura creación e xestión dun Centro de Día que dará servizo as persoas maiores e dependentes, un dos obxectivos principais da concelleria de Benestar. O alcalde adquiriu o compromiso de por a disposición de Vicepresidencia os terreos necesarios para a execución do Centro de Día que xestionaría o Consorcio, tralo asinamento dun convenio co Concello.

Advertisements

0 Responses to “Salceda adhírese ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: