A Xunta e Fomento rexeitan a supresión da Peaxe da AP-9

ap-9.jpg

 :: O BNG asegura que seguirá loitando en contra da nova autovía :: 

Nin Fomento nin a Xunta aceptan nin aceptarán a supresión da peaxe da AP-9. Así llo fixo saber a María Jesús Escudero, alcaldesa de Mos, a conselleira de Política Territorial, María José Caride, durante a reunión que mantiveron este luns en Compostela. Con estas palabras Escudero trasladoullo aos dous grupos políticos da oposición en Mos, PP e BNG, durante a comisión de seguimento. 

Ningún dos dous grupos está de acordo con esta negativa. Máis aínda, o BNG pide que continúe a loita en contra da nova infraestructura, e acusa á alcaldesa de abandonar “a guerra, porque xa non lle importa o concello de Mos”. 

Lonxe disto Escudero asegura que o que trata agora, en vista da postura tomada pola Xunta e polo Ministerio, é “evitar males maiores”. Para elo trata de conseguir que, se non hai máis remedio que facer unha autovía, se execute a alternativa que o concello elixiu en pleno como “a menos mala”, cun trazado moi similar a elixida por Fomento, pero cunha diferencia substancial: en vez de pasar por Amieirolongo, bordea o barrio. Ademais a alcaldesa asegura que conseguiu o compromiso da conselleira de Política Territorial para que a actual autovía Vigo- O Porriño pase a converterse nunha vía interurbana “ e poder conseguir así recuperar esta zona destrozada pola estrada”. 

Os nacionalistas consideran sen embargo que Escudero está a participar na “destrucción de Sanguiñeda dando conformidade á nova autovía” e pide que se ofreza unha solución de reforma da actual.  O seu voceiro, Xosé Manuel Martinez Ojea, recrimina á  alcaldesa que “non quixo que os demais grupos da corporación foran partícipes do que ela ía a asumir en Santiago, entregar o noso concello en mans do Ministerio de Fomento e do Concello de Vigo”.

“O que quero que quede claro – reprocha Escudero– é que esta decisión é supramunicipal, non depende directamente da alcaldía de Mos, e nós púxemos todo a disposición dos veciños dende o concello: técnicos municipais, a redacción dun proxecto da supresión da peaxe, autobuses, cartelería…”. Non o consideran así dende o BNG, nin tampouco dende o PP, a quenes a alcaldesa acusa de “non ter autoridade moral porque foi un goberno municipal do PP, sendo Nidia Arévalo concelleira de Medio Ambiente e un goberno autonómico da Xunta, sendo Núñez Feijoo conselleiro de Política Territorial, quen adxudicaron a AP-9, e non a fixeron libre de peaxe”.

Advertisements

2 Responses to “A Xunta e Fomento rexeitan a supresión da Peaxe da AP-9”


  1. 1 Diogo 8 Outubro 2007 ás 06:21

    MARIA JESUS TRAIDORA

  2. 2 satrullo 29 Outubro 2007 ás 13:09

    Desgrazadamente, vese como unha politiquilla calquera, dalle as costas a un pobo por chegar a ser “algo” nun partido… “Tí chegarás leixos” dixeronlle, ILUSA.

    O triste de todo isto, e que sexan da ideoloxía que sexan, os políticos sempre venden ó pobo…

    ¿Qué necesidade real existe de facer unha nova autovía, cando temos unha autopista infrautilizada?
    Sinxelo, cartos e mais cartos para engordar os bolsillos…que mágoa, os que critican os “fascistas” o final vistense ca misma pel.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: