O Porriño escolle as súas sete marabillas

  faro-de-budino.jpg

 Ao igual que fai a UNESCO co patrimonio da humanidade ou a empresa suiza New Open World Corporation (NOWC) coa elección das sete marabillas do mundo, no Porriño quérese saber cales son as sete marabillas locais preferidas pola veciñanza.


O Departamento de Normalización Lingüística do Concello do Porriño convoca unha votación popular para escoller as Sete Marabillas do Porriño. Ao longo desta semana e ata o catorce de outubro toda a veciñanza terá a oportunidade de votar polo que considere o máis destacado elemento do patrimonio cultural e natural do Porriño. Cada persoa poderá votar só por unha marabilla e a finais do mes de outubro farase pública unha listaxe coas sete marabillas que obtiveron máis votos.

Estas sete marabillas pasarán a formar parte dunha guía na que figurarán os seus datos toponímicos e históricos máis destacados.Monumentos, edificios de interese, conxuntos arquitectónicos, construcións de valor histórico ou artístico, manifestacións culturais, paisaxes, espazos de valor ecolóxico, recunchos de beleza singular, elementos da flora e da fauna, etc., poderán ser considerados marabillas. Trátase de que cada veciño e veciña escolla o seu preferido e que deposite o seu voto nas urnas que se colocarán ao longo desta semana tanto no centro da vila como nas parroquias: Casa do Concello, Centro Cultural, local das amas de casa, Centro da Terceira Idade, diferentes asociacións veciñais… Ademais da marabilla elixida coa súa localización exacta, deberanse incluír na papeleta os datos persoais e unha breve explicación do motivo da escolla.

Entre todas as persoas que voten sortearanse varios lotes de libros. O obxectivo desta iniciativa é o de implicar a sociedade do Porriño no aprecio polo patrimonio cultural e natural propio estimulando un sentimento de orgullo e identidade cara aos recursos máis salientables do concello.

Advertisements

0 Responses to “O Porriño escolle as súas sete marabillas”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: