Desenvólvese no Porriño un programa de prevención da dependencia para maiores

100_3772.jpg

Con motivo da celebración do Día Mundial da Terceira Idade, o alcalde do Porriño, Raúl Francés e a secretaria xeral de Igualdade, María Xesús Lago, visitaron o Centro Social do Porriño para dar a coñecer o “Programa de prevención da dependencia” que se está desenvolvendo alí.

O do Porriño é un dos nove centros de Galicia nos que se está realizando este proxecto ambicioso que pretende mellorar o benestar das persoas maiores, posto en marcha pola Vicepresidencia da Xunta e a Fundación La Caixa. O alcalde e a secretaria xeral estiveron acompañados na súa visita polo delegado provincial de Vicepresidencia, Francisco Verea, a concelleira de Asuntos Sociais, Míriam Martínez e o director de área de negocio de La Caixa en Vigo, Víctor Pedreira.

O programa arrancou no mes de setembro e conta con 115 usuarios. O seu obxectivo é “frear e retrasar a dependencia das persoas maiores, axudándolles a que incorporen hábitos saudables para que teñan unha vellez máis sana e activa”, destacou María Xesús Lago. Para iso impártense unha serie de obradoiros de atención psicosocial nos que os maiores realizan exercicios de memoria, reciben educación nutricional e sanitaria, etcétera. O outro pé fundamental do programa é a existencia dun vehículo de transporte adaptado que permite que estas persoas maiores se poidan desprazar dende os seus domicilios ao Centro Social e participar nas actividades. Este vehículo foi tamén facilitado por La Caixa e Vicepresidencia. Víctor Pedreira, resaltou a importancia deste programa que está instaurado en nove centros sociais de Galicia, en cidades como Vigo, A Coruña, Lugo, Monforte e Carballo, ademais do Porriño. Tanto el como a secretaria xeral de Benestar Social destacaron a colaboración entre ambas entidades neste e noutros programas.

“Agradecemos o apoio de La Caixa nas políticas para persoas maiores”, afirmou María Xesús Lago. Lago remarcou que no ámbito da terceira idade estanse implantando novos centros de día en todo o país e destacou que O Porriño conta cun centro de alzheimer que Vicepresidencia quere que se convirta nunha referencia. “Aplicamos un continxente de políticas que teñen como finalidade mellorar a vida das persoas maiores para que vivan co benestar que todos e todas desexamos”.

O alcalde do Porriño, Raúl Francés, agradeceu a confianza de Vicepresidencia e La Caixa ao situar ao Porriño na primeira liña das medidas para a terceira idade. “Programas como o que aquí se puxo en marcha teñen a capacidade de chegar a unha poboación que necesita actividades e servizos, e que debe seguir sendo un referente na nosa sociedade”.

Advertisements

0 Responses to “Desenvólvese no Porriño un programa de prevención da dependencia para maiores”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: