O Xulgado admite a trámite unha denuncia contra membros do PP de Mos

bng-mos-hernandez.jpg

:: Os nacionalistas Xosé Carlos Cabaleiro e  Xosé Manuel Martínez Ojea, deberán declarar como afectados directos por presuntas calumnias realizadas contra eles por membros do Partido Popular ::

 O Bloque Nacionalista Galego de Mos está satisfeito porque o Xulgado de Instrucción número 3 de Porriño acaba de admitir a trámite e abrir dilixencias previas contra membros do Partido Popular de Mos, dando curso así a unha denuncia anterior que fora presentada no citado Xulgado.

Deste xeito, os membros do BNG Xosé Carlos Cabaleiro e o voceiro nacionalista Xosé Manuel Martínez Ojea, actualmente ambos concelleiros do concello de Mos, deberán declarar como afectados directos por presuntas calumnias realizadas contra eles por membros do Partido Popular.

Cabaleiro denunciou á portavoz popular Nidia Arévalo por calumniar en contra súa nun mitin na localidade de Mos soltando en público diversas cousas contra a honorabilidade de Cabaleiro en contra a súa actuación como concelleiro do goberno anterior en Mos.

Pola súa parte, Ojea denunciou a outro concelleiro do Partido Popular, Angel Pereira, de Petelos, por aproveitar o seu traballo de panadeiro para soltar informacións calumniosas contra a vida persoal e privada do candidato do BNG á alcaldía de Mos, Ojea, na súa propia parroquia. Este home, “sin ningún tipo de escrúpulos repartía pan e calumnias ante os veciños sin conocer prácticamente nada da vida persoal e faltando á mínima dignidade e mínima ética que se pode pedir a un representante público”, aseguran os afectados.

 O xulgado ven de admitir a trámite estas denuncias e o día 25 de octubre están citados a declarar os dous perxudicados, posteriormente farano seguramente acusados e testigos.
 Desde o BNG valórase positivamente esta noticia, en canto a actuación do Partido Popular nas pasadas eleccións soltando todo tipo de informacións calumniosas respecto ás persoas non pode considerarse como unha actuación limpa en política, e para que así aprendan estar persoas a medirse no futuro nas súas afirmacións.

Advertisements

1 Response to “O Xulgado admite a trámite unha denuncia contra membros do PP de Mos”


  1. 1 Diogo 2 Outubro 2007 ás 07:11

    Se o xuiz condena finalmente a estes dous impresentabeis do PP, deberían dimitir inmediatamente do seu cargo de concelleiros. A POLITICA non é comportarse coma unha lercha


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: