O PP de Salceda desaproba a xestión do novo goberno

 

:: Marcos Besada, actual alcalde, asegura que aínda están a pagar facturas do 99 ::  

Xosé Manuel Fernández, Chicho, voceiro do PP de Salceda e anterior alcalde da vila desaproba os primeiros 100 días do novo goberno municipal, formado polo BNG e o PSOE. O desaproba por completo, comezando polos soldos, que cree demasiado elevados e rematando polas festas dos callos, cuxa organización non lle gustou e acusou ao equipo de goberno de mentir nas cifras: o PP asegura que foron 9.500 as racións servidas, mentres Frigolouro mantén que foron 17.000. O PP acusa ao novo goberno de rescindir o contrato coa empresa adxudicataria das instalacións da rede WI-FI no casco urbano, unha das prioridades para o anterior goberno. Neste punto Marcos Besada, actual alcalde aclara que a rescisión debeuse a un incumprimento das bases por parte da empresa adxudicataria, unha adxudicación que Besada califica de “pouco transparente”. 

En rolda de prensa celebrada esta mañá Chico tamén acusou ao actual concello de querer anular un convenio firmado por el e a Deputación de Pontevedra para dotar de herba sintética ao Campo de Fútbol. Unha actuación que beneficiará a todos os equipos de Salceda e que o PP considera importantísima, ameazando incluso a “mobilizar se fai falla a nenos, pais e amantes do deporte” para evitar a anulación destas obras”. Aínda que no grupo popular non teñen constancia escrita da anulación destas obras, aseguran que lles chegaron “rumores”. Rumores que Marcos Besada non acusou de infundados. Pola contra. Aínda que coñece a importancia destas obras, o concello atopase ante algunhas trabas: a primeira é que, segundo o actual alcalde, quen puntualiza que non existe ningún convenio senón un protocolo de actuación, o campo está situado en térrenos da Comunidade de Montes, e non existen unha cesión dos térrenos ao concello, así como tampouco existe unha cesión de uso ao equipo de fútbol máis que verbal.  

Outro dos problemas, segundo Besada é que, non habendo partida orzamentaria para esta obra, o concello viuse obrigado a pedir un crédito a Caixa de Anticipos da Deputación e lle foi denegada. Por todo isto o concello xa solicitou unha re unión formal co presidente da Deputación, Rafael Louzán, para solucionar os problemas “dun protocolo firmado de tapadillo 3 días antes das eleccións”. 

Chicho acusou tamén ao novo goberno de levar a cabo unicamente obras que o goberno anterior xa tiña en curso, contratadas ou aprobadas e pediu ao concello que axilizara os trámites de adxudicación da terceira fase de saneamento. Neste senso Besada apunta que están a intentar tramitala “pero o proxecto non aparece nin no concello nin en Augas de Galicia, xa se nos din onde está nos farían un favor”. En canto a outras obras, o alcalde asegura que se atoparon as arcas baleiras mentres aínda están a pagar facturas do ano 99.   

Advertisements

1 Response to “O PP de Salceda desaproba a xestión do novo goberno”


  1. 1 xoan 29 Setembro 2007 ás 05:19

    No comparto para nada estas declaraciones propias de un ex-alcalde pasado de rosca, que no pretenden más que desgastar.
    En mi opinión han cambiado muchas cosas,si bien es poco tiempo para hacer balance.Cito algunas:

    Retirada de simbología franquista
    Registro de parejas de hecho
    Señalización de pasos de peatones
    Fiesta de los callos despolitizada, (ya era hora), y con tinto que es más adecuado.
    Una mejor atención del concello al ciudadano.
    Patrulla frecuente de la policía municipal por las ruas.

    En fin, ya sé que son pequeñas cosas, pero muy representativas.
    En Salceda se respira mejor, el aire es más limpio y fresco.

    Desde aqui animo al gobierno a seguir así y a la oposición a ser seria.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: