Ataque sobre a sede do PP de Mos esta madrugada

 

:: BNG e PSOE condenan o acto vandálico ::

A sede do PP de Mos amenceu coa cristaleira da porta de entrada destrozada e con dous barrotes rotos. Aínda que non se coñece o actor deste acto vandálico, Nidia Arévalo, voceira deste partido, ten “claras sospeitas de quen foi” e así llo comunicou esta mañá á Garda Civil.

“Estamos case seguros de que foi a mesma persoa que tirou un cóctel molotov fai dous anos”, asegurou Arévalo. Daquela os destrozos foran maiores:ardera unha mesa e unhas cadeiras. Nesta ocasión, os destrozos quedáronse no portalón de entrada, pero no PP pensan que foi seguro “por falta de ocasión”.

A sede do PP está situada a veira da autovía Vigo Porriño, e sospeitan que “algún coche que pasou demasiado despacio frustrou o intento de entrar e destrozalo todo”. Tamén este dato lles leva a pensar que foi a mesma persoa porque fai dous anos romperan unha fiestra dun lateral, nunha zona máis apartada e escura, pero preto de onde vive unha familia que dalequela dera a voz de alarma. “Esta vez foron a entrada principal porque sabían que no edificio non viven familias”.

O móbil para Nidia Arévalo non pode ser outro que o político, para destrozar deliberadamente a sede “para amedrentarnos porque no interior non hai inada de valor, tan solo documentación do concello e a lista dos afiliados ao PP”. “O motivo é indubidablemente político, porque non da chegado o pacto pero non imos a ser nós quen os animemos a asinalo. Queren amedrentarnos pero non o van a conseguir, seguiremos chegando aos plenos ou as comisións e votando como queiramos, con esto non nos van a coaccionar”. Puntualiza, sen embargo, que está segura que os outros partidos non son responsables, porque eles tamén sofren estas ameazas escritas. “Trátase da obra dun loco”.

Este acto vandálico chega logo dun mes “sufrindo actos lamentables”, segundo condenan dende o PP de Mos. Un mes con constantes panfletos en todo o concello e tamén na sede insultando non só aos concelleiros do PP, senón tamén a alcaldesa e ao voceiro do BNG, quenes xa condenaron o acto. O último panfleto versaba “Nidia está enamorada, a merda non lle importa nada. Non gobernamos non solucionamos”

Logo de presentada a pertinente denuncia, a Guardia Civil está a investigar o caso, pero de momento dende o cuartel de Mos non dan máis datos.

María Jesús Escudero: “solidarizámonos con Nidia”

 Tanto BNG como PSOE, mostraron a súa repulsa por estes actos vandálicos. “Solidarizámonos con Nidia e co seu partido”, asegurou esta mañá María Jesús Escudero logo de que A PENEIRA lle informase do sucedido.Non se pode consentir este tipo de actos vandálicos”.

Do mesmo Xeito José Manuel Ojea, voceiro do BNG, condenou o acontecido e coincidiu con Arévalo na tese de que este suceso está relacionado cos panfletos que nos últimos tempos inundan Mos e que atacan, entre outras cousas a vida privada deste concelleiro. “Non renunciaremos a ningún dos nosos prantexamentos e imos ser fortes contra esta calaña”. Pediu que dende o concello se investiguen os feitos

Advertisements

0 Responses to “Ataque sobre a sede do PP de Mos esta madrugada”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: