Malladoura recolle fotografías e debuxos inéditos do Porriño

malladoura_presentacion1.jpg

:: O novo número da revista, o nº13, está xa na rúa ::

Xoves 20 de setembro. Presentouse aos medios de comunicación o novo número da revista de historia local Malladoura, que recolle, entre outros artigos, fotografías inéditas, nunca antes publicadas, do homenaxe feito no Porirño a Ramón González logo da súa morte. Nas páxinas de Malladoura, con texto de Nicolás Iván Vaqueiro atopamos as instantáneas tomadas cando unha multitude de veciños e veciñas levaron o cadaleito do filántropo polas rúas da vila.

Asemade na revista atopamos outros debuxos, tamén inéditos, feitos polo arquitecto porriñés Antonio Palacios durante unha excursión a Montefaro no que o arquitecto trata de vislumbrar figuras animais nas rochas do monte. O artigo é de Diego Giraldez.

Entre outros artigos a revista publica tamén a historia das bandas de música no Porriño entre 1876 e 1936, unha reportaxe do historiador Xosé Ramón Paz Antón, que ven sendo un adianto do libro que publicará nos vindeiros meses. Recolle tamén reportaxes sobre as ruínas da ermida de San Miguel de Cans, por David Pérez Rego ‘Cato’; a historia do Parque do Cristo, por Rebeca Leboso ou as lendas dos mouros de Pontellas, por Manrique Fernández.

Unha enciclopedia de historia do Porriño
“Trátase dunha das revistas máis nutridas en canto a temas das que saíron ata o momento”, explicou Diego Giraldez, director do Seminario de Estudos Porriñeses, que edita a revista. “Son xa 70, en total, os artigos de historia local do Porriño que leva publicado Malladoura, unha boa colección para as estanterías da xente da vila, converténdose así nunha enciclopedia da historia do Porriño”

A revista está xa na rúa. 700 exemplares puxéronse a venda nos quioscos da vila así como nos bares La Cueva e Liceum. Dende o Seminario animaban a todos aqueles coleccionistas que se fixeran con ela canto antes, porque nesta ocasión non están seguros de poder sacar unha segunda edición. A razón: Malladoura é unha revista que se move sen subvencións públicas, os seus redactores traballan para ela nos seus ratos libres. Este é o motivo polo que a revista levaba case un ano sen saír a rúa. “Foron unhas merecidas vacacións logo de seis anos traballando”, explica Giraldez. Para o vindeiro número non teremos que agardar tanto tempo, pois están traballando xa para o exemplar que verá a luz en marzo.

Animan ademais a buscar a revista porque “neste número hai fotografías de case todo o mundo”.

Advertisements

0 Responses to “Malladoura recolle fotografías e debuxos inéditos do Porriño”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: