A Policía Local do Porriño desenvolve unha nova campaña sobre o “control do cinto de seguridade “

policia-local-o-porrino.jpg 

:: Estanse a realizar controis aleatorios en diversoso puntos da zona urbana ::

A Policía Local doPorriño está a desenvolver unha campaña informativa sobre os uso do cinto de seguridade e outros sistemas de retención homologados para condutores e pasaxeiros na que se verificará o uso destes sistemas de retención nos vehículos que transiten polas vías urbanas.

A campaña, promovida pola Dirección Xeral de Tráfico, á que se adheriu o Concello do Porriño, ten por obxecto aumentar a utilización do cinto de seguridade e outros sistemas de suxeición homologados no vehículo. Para isto, a Policía estabelece controis diarios en diversos puntos da zona urbana nos que paran, de xeito aleatorio, a condutores aos que lles verifican a utilización destes sistemas de suxeición e informan da necesidade da súa utilización.

Na campaña levanse controlados un total de 1300 vehículos dos que, entroutros datos, un 12% doscondutores non levaban o cinto de seguridade, un 14% dos pasaxeiros dianteiros non o utilizaban ou un 32% dos pasaxeiros traseiros tampouco non facían uso del. A Policía Local considera esta porcentaxe demasiado elevada.

A concelleira de Seguridade, Obdulia Diniz, lembra que segundo datos da Dirección Xeral de Tráfico o cinto é o dispositivo
de protección máis antigo, mais tamén o máis rendíbel e eficaz, xa que reduce nun 50% as posibilidades de morte en caso de accidente e ten unha eficacia moi alta, especialmente ásvelocidades nas que transitan os automóbiles habitualmente.

Transporte escolar

E co inicio do curso escolar, Obdulia Diniz adianta que se vai desenvolver unha nova campaña sobre o transporte escolar entre o 17 e o 21 de setembro. Nela, os axentes incidirán no control das condicións técnicas dos vehículos de transporte escolar así coma as súasmedidas de seguridade. A campaña desenvolverase arredor dos Centros Escolares.

Estas mesmas datas tamén servirán para continuar coa campaña do cinto de seguridade e outros sistemas de retención homologados para condutores e pasaxeiros.

Advertisements

0 Responses to “A Policía Local do Porriño desenvolve unha nova campaña sobre o “control do cinto de seguridade “”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: