O BNG critica falta de previsións nas obras do Pena de Francia

marina-lourido.jpg 

:: Mariña Lourido apunta que “algúns pais non coñecían, un día antes do comezo das clases se tiñan que enviar os seus nenos á escola :: 

 O BNG de MOS mantivo unha reunión con con carácter de urxencia para tratar o retraso do comenzo de curso no Colexio Pena de Francia, coa finalidade de dar resposta ás chamadas recibiron de pais e nais “preocupados pola situación”, asegura a responsable nacionalista de Educación, Mariña Lourido.

“Como xa pasou no tema do lixo onde o concelleiro delegado de Servizos José Campo non aparecía ante un problema tan importante, nestos días o concelleiro delegado de educación Gerardo Alonso tampouco da a coñecer as previcións nin da información suficente ós interesados directos da marcha das obras ou dos posibles retrasos no comenzo das obras”, asegura.

Os nacionalistas critican sobretodo que algúns pais non coñecían, un día antes do comezo das clases, se tiñan ou non que enviar aos seus nenos á escola. ”O goberno socialista cae agora nos mesmos erros que criticaba cando era a oposición do Partido Popular cando poñían o grito no ceo cando se demoraban as obras nalgúns colexios con motivo do comenzo de curso, aínda tratándose de obras menores que as que se acometen actualmente no colexio de Tameiga”, acusa Lourido.

Neste mesmo senso o BNG mostra a súa preocupación porque “algúns dos materiais que están sendo reformados conteñen partículas de amianto”, polo que pregunta ao goberno local se é necesario que os nenos tomen medidas especiais de precaución.

Advertisements

2 Responses to “O BNG critica falta de previsións nas obras do Pena de Francia”


  1. 1 diogo 12 Setembro 2007 ás 12:26

    Así me gusta. Lume aos españolistas do PsoE. Por españolistas chapuceiros e improvisadores. Xa o dicia o refrán. PsoE PP a mesma merd… é.

  2. 2 diogo 17 Setembro 2007 ás 07:02

    Por que esta nova non está na sección de Mos?


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: