Escudero di que ‘antes de enfrontarse a novos investimentos hai que pagar as facturas que se deben’

 

psdegmos-hernandez.jpg

A alcaldesa de Mos, Mª Jesús Escudero, facéndose eco das declaracións en prensa do voceiro do BNG local, Xosé Manuel Martínez Ojea, en relación cos orzamentos municipais, quixo facer, a través dun comunicado, unha serie de apreciacións. Segundo apunta Escudero “no pleno de xullo o concello comprometeuse cos grupos políticos a preparar un borrador de orzamento que se debatería a principios de setembro, nun pleno extraordinario. Para cumprir con este compromiso- sinala- a alcaldesa convocou aos portavoces municipais do PP e o BNG a unha reunión á que só asistiu este último. Nesa reunión entregóuselle o borrador do proxecto que incluía o plan de investimentos, expóndose ademais a posibilidade de prorrogar os orzamentos ata finais de ano e empezar a traballar de forma consensuada no orzamento do ano 2008.

“Ningún grupo político contestou ao anteriormente exposto ata que o pasado sábado o portavoz do BNGpresenta no rexistro municipal a súa proposta para pechar e aprobar o actual exercicio orzamentario 2007. Ese mesmo día a presentación da proposta fíxose pública na prensa escrita” segundo sinala a alcaldesa. No comunicado, Escudero quere deixar claro que “no documento presentado por Xosé Manuel Martínez Ojea faise referencia á existencia nas arcas municipais dun remanente para investimentos próximo aos 500 000 euros”.  Ante isto, a responsable socialista de Mos apunta “que 93 000 euros son necesarios para a execución do nivel de acceso a San Eleuterio e outros 63 000 euros necesítanse para reparar os danos producidos polas riadas na Parroquia de Louredo. O resto debe destinarse ao pago de facturas, na súa maioría derivadas de traballos encargados pola concellaría de Vías e Obras na etapa en que estaba baixo a responsabilidade do BNG. Estes gastos non estaban considerados inicialmente no orzamento prorrogado”.

Ante a situación xerada, a alcaldesa de Mos conclúe que “primeiro deben pagarse as facturas que se deben e logo enfrontar os novos investimentos que se inclúan no orzamento do ano 2008.

María Jesús Escudero Lago convocará nos próximos días aos portavoces dos grupos políticos co fin de consensuar con eles o plan de investimentos para o próximo ano, “partindo da capacidade económica do concello e marcando con claridade as prioridades pertinentes”.

Advertisements

3 Responses to “Escudero di que ‘antes de enfrontarse a novos investimentos hai que pagar as facturas que se deben’”


  1. 1 diogo 12 Setembro 2007 ás 06:30

    O certo é que estamos en setembro e a alcaldesa do PsoE ainda non ten presupostos, nen ten moita gaña de preparalos.
    Isto demostra a falta de proxecto do Psoe para Mos.
    Pero o peor é que ten a cara dura de botarlle a culpa aos demais. Alcaldesa empece a gobernar, se non vaiase para casa.

  2. 2 Manuel 15 Setembro 2007 ás 12:03

    Pois a culpa de que en Mos, non teña aprobados o orzamento para este ano, e culpa do BNG, que puxo toda a clase de atrancos para poder aprobalos, cando menos isto foi o comentario que se fixo nun pasado pleno, e o bng quedou caladiño

  3. 3 diogo 17 Setembro 2007 ás 06:55

    Me parece que Manuel confundes os presupostos xerais, con modificacións de crédito. O BNG non pon atrancos aos presupostos xerais. De feito xa presentou hai 15 dias unha proposta ante a falta de iniciativa da Alcaldesa. (ou é que non ten ningún concelleiro preparado para eleborar uns presupsotos? 2+2=4)


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: