Os traballadores de Geseco poñen fin a folga de lixo en Mos

:: PSOE e BNG aproban unha revisión do prezo público da concesión da recollida ::

 Ás 23 horas do venres, a penas dúas horas despois de rematado o pleno convocado polo concello de Mos, os traballadores de Geseco iniciaban os traballos de recollida de lixo no municipio.

 O fin da folga foi posible logo de que cos votos do PSOE e do BNG o concello acordase unha revisión do prezo público da concesión a esta empresa, que pasa dos319.000 aos 364.000 euros. Esta aprobación estaba condicionada a que os 45.000 euros de aumento – a empresa comprometeuse a aportar os 15.000 restantes que pedían os traballadores – foran destinados íntegramente para aos incrementos salariais dos traballadores e á sinatura do convenio con caracter retroactivo dende xaneiro deste ano.

 O convenio foi asinado minutos despois da sesión plenaria pola secretaria de organización e negociación colectiva de UXT, Rosa María Acuña, o Xerente da empresa, Antonio Lorenzo e o Delegado de Persoal, Antonio Barros, baixo a supervisión da alcaldesa, María Jesús Escudero.

 Outro dos condicionantes era que os traballadores se puxeran máns a obra co lixo esa mesma noite, como así fixeron.

 Nidia Arévalo, en desacordo con esta solución manifestou no pleno que se trataba dun problema laboral “do que o Concello non é o responsable” e mantivo as súas dúbidas de que a medida fose legal.

Advertisements

0 Responses to “Os traballadores de Geseco poñen fin a folga de lixo en Mos”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: