Arévalo quere que o concello rescinda o contrato coa empresa de recollida do lixo

nidia.jpg

“A empresa debe cumplir co concello con servizos mínimos e non o está a facer polo que o concello debe rescindir o contrato e contratar de modo urxente a outra empresa”. Esta é para Nidia Arévalo, voceira do PP de Mos, a solución do problema da folga do lixo que está a vivir o municipio. Unha solución coa que, asegura Arévalo, a empresa está de acordo.

  Polo que non pasará o PP, segundo anunciou hoxe en roda de prensa, é por aprobar un incremento de prezo na concesión da empresa de 60.000 euros  para facilitar que cambien o convenio aos traballadores porque, di Arévalo, esto incurriría na ilegalidade xa que Geseco – a concesionaria – “non pode xustificar este aumento nin cunha recollida de lixo superior nin cun aumento dos contenedores”. 

É a primeira vez que o PP manifesta publicamente a súa postura sobre a folga de lixo no municipio. O fai logo de que esta madrugada baleirasen dous contenedores no xardín da súa residencia particular. “Estamos amenazados, perseguidos, así non se pode traballar”, di a popular. Arévalo recoñecía que as condicións dos traballadores poden ser precarias, “pero non é un problema do concello de Mos, senón da empresa”.

Advertisements

0 Responses to “Arévalo quere que o concello rescinda o contrato coa empresa de recollida do lixo”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: