Os familiares dos porriñeses represaliados presencian o levantamento dos cadáveres da fosa de Areas

 os-corpos.jpg

:: As familias deben agardar agora as probas de ADN que determinen as identidades dos corpos ::

:: Raúl Francés, alcalde do Porriño, e Manuel Carballo, párroco de Areas,  axudaron nas labores de exhumación :: 

María Díaz/Diego Giráldez

Moita emoción, bágoas nalgúns casos, lembranzas que volvían a memoria… os familiares dos cinco porriñeses represaliados durante a Guerra Civil, fusilados e enterrados nunha fosa de Areas presenciaron hoxe o levantamento dos cadáveres que, case con toda seguridade, pertencen aos seus pais ou avós… 

Un silencio expectante rodeou hoxe o traballo dos membros da Asociación pola Memoria Histórica, que recolleron os restos humanos aparecidos baixo o atrio da igrexa de Areas. En caixas de cartón serán trasladados á Facultade de Medicina do País Vasco, en San Sebastián, onde serán identificados con probas de ADN xa que aínda que os corpos se atopan “en bo estado”, segundo o arqueólogo Javier Ortiz, non puideron ser identificados a pe de fosa. Aos familiares quédalles, polo tanto, agardar… “Logo de ter esperado 70 anos, ter que agardar agora o que lles toca creo que vai ser máis duro”, aseguraba esta mañá Raúl Francés, alcalde do Porriño, que estivo axudando nas labores de exhumación.

 

exhumacion.jpg

 “Eu teño a esperanza de que todo saia ben  e poidamos saber canto antes se son eles”, asegura Juan, neto de Saturinino Vila Quiroga, un labrego de Budiño morto no 1936 xunto a outros catro compañeiros, tamén desta parroquia porriñesa. Juan non chegou a coñecer ao seu avó, pero creceu escoitando a súa historia. “Era un señor que axudaba, unha persoa das mellores do barrio, eso é o que me contou a miña familia”.   

familiares.jpg

  Xustiza, memoria, lembranza. Eran as palabras máis repetidas hoxe polos familiares. “Para nós significa pechar unha ferida moi vella, poder facerlles un enterramento digno onde se merecen estar, nada máis”, aseguraba o neto de José Ramírez. “É moi importante para nós recuperar o corpo e poder darlle sepultura”, corrobora a neta de José Ramírez Vila. 

Todos eles sabían que os seus familiares foran fusilados, todos eles sabían que estaban aterrados en Areas, baixo o actual patio da igrexa, que daquela non era máis que o camiño de paso entre o edificio e o cemiterio. Sen embargo, non é ata 70 anos despois cando por fin poden recuperar aos seus mortos.

  

corpos.jpg

  

O farán gracias as asociacións pola Memoria Histórica, grazas a colaboración do concello do Porriño e grazas tamén a  Manuel Carballo, o cura da parroquia que non só xestionou todos os permisos co bispado, senón que tamén participou activamente las labores de exhumación. “É un deber de xustiza para coas familias – asegura o párroco – mais alá diso implicacións políticas que as teña quen queira”, así xustificaba a súa labor loubada pola asociación e aplaudida polos familiares.

xente.jpg

Advertisements

1 Response to “Os familiares dos porriñeses represaliados presencian o levantamento dos cadáveres da fosa de Areas”


  1. 1 Cuquín 6 Setembro 2007 ás 08:43

    Impresionantes as fotografías e os comentarios. En A Peneira temos a mellor información do Val da Louriña.
    Noraboa e seguide así.
    Un saludo.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: