Aparecen os primeiros restos humanos na fosa onde están enterrados os porriñeses represaliados

Antón Fernández Escuredo

 09:30 horas. Dous operarios comezan a traballar no adro da igrexa de Areas, a trinta metros da N-550, no municipio de Ponteareas. Diante deles Raúl Francés, alcalde do Porriño, e Pedro Pereira, concelleiro de Vías e Obras, observan con atención os movementos primeiro do martelo hidraulico e despois da pala que retira todo o material.

A pouca distancia unha muller maior conversa co seu fillo e varios membros da Asociación para la recuperación de la Memoria Histórica, un psicólogo e unha arqueóloga. Chámase Estrella e é a filla de José Ramirez Vila, un veciño de Budiño que atopou a morte no mes de decembro de 1936 en Porto de Outeiro, pertiño do lugar onde foi enterrado. O seu corpo foi atopado o 30 de decembro. Ese lugar convertiuse cos meses nunha das moitas “zona cero” do horror paralegal que protagonizaban as novas clases gobernantes. 

 

  raul-frances-e-delfin-fernandez1.jpg

_Raúl Francés, alcalde do Porriño e Delfín Domínguez, do PSdeG-PSOE de  Ponteareas, contemplan o traballo dos técnicos_

Pasada unha hora o lugar está ateigado de medios de comunicación, veciños e curiosos. As cámaras e os bolígrafos buscan deixar para o futuro a testimuña do que nunca tivo que suceder. “A acta de defunción do meu avó é do 1946”, sinala José Ramírez “conseguiuse para que miña nai tivera dereito á pensión”. Leva na man unha copia na que poden verse as causas do falecemento: traumatismo por arma de fuego.

Familiares de José Ramòez Vila

_Familiares ensinan ás cámaras a acta de defunción de de José Ramírez, veciño de Budiño _

Seguindo as excavacións está tamén un equipo da televisión alemana e Antonio Caeiro, recoñecido documentalista galego autor de traballos como “Aillados” e “A memoria nos tempos do wolfram”. A media mañá aparecen os primeros restos humanos e o silencio faise o dono do lugar. Os arqueólogos comezan o traballo máis delicado centímetro a centímetro. Aínda queda por diante un intenso traballo na procura de todos os corpos e as posteriores análises que certifiquen a súa identidade. Aínda estamos no primeiro día.   

 

Advertisements

0 Responses to “Aparecen os primeiros restos humanos na fosa onde están enterrados os porriñeses represaliados”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: