O Concello do Porriño convoca o primeiro concurso fotográfico ‘Festas do Cristo’

 

imaxes-cristo.jpg 

 A Concellería de Mocidade a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil, e o Arquivo Municipal da Imaxe do Concello do Porriño veñen de convocar o concurso fotográfico “As Festa do Cristo 2007”.

O certame forma parte das actividades que se inclúen na programación das Festas do Cristo do Porriño, destinada os mozos e mozas menores de 30. A Concelleira de Mocidade, Miriam Martínez Troncoso; pretende con esta oferta fortalecer as canles de participación social das persoas novas e compartir as súas vivencias sobre a festa local, a través duna iniciativa que potencie as súas habilidades artísticas e creativas.

A temática das fotografías versará sobre a celebración das Festas do Cristo deste ano, e a organización procura que os/as concursantes plasmen en imaxes o ambiente lúdico, gatronómico e festivo do acontecemento máis importante da vila do Louro.

Ser quen de captar nunha instantánea a esencia do Festival  Intercontracultura o sábado 8, con graffitis e hip hop ou a comida dos callos o último domingo de Setembro, poderá facerte gañador/a do concurso.

Dende a organización animan “a todos e a todas a botar man da cámara fotográfica e exercitar o dedo para non perder nen unnha ocasión de captar o mellor momento das festas do Cristo do Porriño”.

Cada participante poderá presentar un máximo de tres traballos en papel fotográfico dun tamaño igual ou superior a 18×24 cm antes do 15 de outubro de 2007 ás 21:00 h. O premio será dunha cámara fotográfica dixital. Para máis información recoller as bases no Centro Cultural Municipal, ou na páxina web www.centroculturalporrino.com.

Advertisements

1 Response to “O Concello do Porriño convoca o primeiro concurso fotográfico ‘Festas do Cristo’”


  1. 1 manuel gonzàlez lorenzo 22 Novembro 2007 ás 23:07

    quisiera poder recibir mas imagenes por internet


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: