A galescola de Salceda estará operativa no primeiro trimestre de 2008

galescola-salceda.jpg 

:: A Secretaria Xeral de Igualdade da Vicepresidencia da Xunta, Carme Adán, comprometeuse a contribuír no acondicionamento do edificio e no equipamento das aulas ::  

No primeiro trimestre de 2008 estará rematada a primeira galescola de Salceda de Caselas, unha das dúas, logo da do Porriño, que se instalan na comarca da Louriña. Así o confirmaron esta maña a Secretaria Xeral de Igualdade da Vicepresidencia da Xunta, Carme Adán, e o alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada, durante a visita ás obras que realizaron acompañados da concelleira de Benestar, Mónica Vizcaya e do delegado de Vicepresidencia en Pontevedra. 

A galescola estará emprazada na rúa Ador, detrás do centro de saúde da localidade. Disporá de prazas para 61 nenos de 0 a 3 anos distribuídos en catro unidades segundo as idades. O novo edificio, xa en avanzada construcción, contará cunha planta de aproximadamente 400 metros cadrados, dos que 115 metros corresponden a un patio central cuberto que sirve á vez de zona de distribución e de lugar de esparcemento para os máis pequenos. Un sistema de tragaluces ilumina esta estancia.  

A consellería de Vicepresidencia está a financiar esta obra con 380.000 euros distribuídos en tres anualidades correspondentes aos anos 2005,2006 e 2007. Agora ademais, segundo compromiso de Adán, financiarán o 80% do acondicionamento exterior do edificio, que ascende a 45.000 euros, e o equipamento das aulas, do que o concello aínda non realizou o cálculo do coste total.

O alcalde de Salceda, Marcos Besada, destacou a importancia desta nova escola infantil, moi necesaria en Salceda, debido ao seu forte crecemento demográfico. 81 nenos naceron o ano pasado na localidade. Neste senso agradeceu a axuda da consellería e manifestou a intención do concello de inserirse no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, algo que esperan aprobar no vindeiro pleno da corporación. O obxectivo nesta lexislatura, asegura Besada, “é o benestar social, máximo logo dun proceso de urbanización pouco asociado á calidade de vida”.

Advertisements

0 Responses to “A galescola de Salceda estará operativa no primeiro trimestre de 2008”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: