Verdegaia alerta do risco de destrución de parte do bosque de ribeira da lagoa de Budiño

 imaxe-da-zona-afectada-na-lagoa.jpg

:: Segundo a  asociación ecoloxista este espazo entrou en risco trala modificación do PXOM ::

 Unha superficie de 4 hectáreas ocupada polo bosque de ribeira da lagoa de Budiño (hábitat de protección prioritaria prá UE) podería ser aterrado nos vindeiros meses logo da recente modificación do PXOM do Porriño (Decreto 139/2007) na área natural das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro, segundo denuncia o colectivo ecoloxista Verdegaia.

A asociación di non entender “como a Consellaría do Ambiente e o Concello do Porriño autorizan a eliminación dun terreo de altísimo valor ecolóxico, fundamental para a conservación da lagoa de Budiño e acubillo de fauna en perigo de extinción para a construción de equipamentos deportivos”.

O polígono das Gándaras comezouse a erguer encol da lagoa de Budiño a finais dos anos sesenta seguindo as directrices dun Plano Parcial obsoleto que agora se pretende completar co aterramento do bosque enchoupado que aliás constitúe a principal zona de entrada de auga á lagoa.

A lexislación ambiental establece que son os PXOM e Planos Parciais os que se deben adaptar ás figuras de protección ambiental e non ao contrario como está a acontecer nas Gándaras. Por iso esixen que “non se destrúa este bosque e que toda a parcela volva formar parte da Rede Natura como o fixo até o ano 2004”.

Tamén critican a construción do parque de bombeiros comarcal en terreos da lagoa de Budiño. “Un uso imcompatible coa conservación da avifauna que, como todo o polígono, adoece de barreiras de illamento acústico”, sinalan.

Advertisements

0 Responses to “Verdegaia alerta do risco de destrución de parte do bosque de ribeira da lagoa de Budiño”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: