Óscar Pereiro: “Acudo coas máximas garantías para disputar a Volta”

pereiro_lourina.jpg

Óscar Pereiro, tras completar o seu cuarto tour entre os dez primeiros afronta agora como líder do seu equipo a Volta a España como máximo aspirante para conseguir a camisola marela. Clica se queres ler a entrevista que concedeu a A PENEIRA DA LOURIÑA
  
  
Xosé Ramón Couñago

– Que valoración fas do Tour disputado este ano?
– A valoración é positiva. As metas que puxen este ano, que era quedar entre os cinco primeiros, non as conseguín, pero dadas as circunstancias que se deron, creo que quedar entre os dez primeiros por cuarto ano consecutivo é satisfactorio.

– Que che pasou pola cabeza cando cruzaches de novo París?
– Viñéronme moitos recordos, sobretodo lembrando o 2006, vendo a Contador; podería ser algo calcado ao que me podería ter acontecido a min. Por outro lado está a satisfacción que a un sempre lle dan os triunfos, o ver que remata o Tour, outro ano más que se remata esta carreira.

– Afectoute o  feito de non ser na práctica ou líder do equipo?
– Si e non. Se falamos de gañar o Tour non porque como moito o cuarto posto é ao máximo ao que eu podería aspirar este ano porque os tres que estaban diante eran realmente superiores, polo tanto hai que ser realistas e saber que ata o cuarto ou o quinto posto era como moito ao que eu podería aspirar. Está claro que houbo circunstancias, houbo momentos en carreira en que o Alejandro se puxo por diante e el era a prioridade… pero tampouco tiven que parar moito por el.

– Cres que o Tour accederá nalgún momento a confirmar de xeito oficial a túa victoria da edición do 2006?
– Non o sei. Eu sempre o dixen, e mantéñome coas dúbidas, porque non sei a que están esperando tanto. Creo que é máis que auga pasada, algún día terán que solucionalo pero sinceramente non vou gastar nin un minuto máis da miña enerxía nin da miña forza en pensar niso.

– En setembro comeza a Volta a España na que partes como un dous favoritos e líder do teu equipo. Con que aspiracións acudes a este evento?
– Co máximo. Acudo coas máximas garantías para disputar a Volta. A diferenza doutros anos despois de acabar o Tour, estou facendo as cousas completamente distintas; agora estou adestrándome, estou coidándome, para preparar a competición. De antemán aspiro a todo. A sensación, e sobre todo o que teño na cabeza a día de hoxe, é para aspirar a todo na Volta.

– Que che parece o feito de que a Volta a España saia dende Galiza?
– Se algunha motivación nos faltaba aos galegos, aí témola xa. É máis, psicoloxicamente pode ser o peor, porque fisicamente cando un planifica a tempada planifica os esforzos tamén, psicoloxicamente podería haber xente como eu que podería estar adobiado despois de tantos meses de competición, pero saír dende Galicia para min é un soño e unha motivación máis.

-Como ves a situación actual do ciclismo galego? Que tal anda a canteira?
-A verdade é que estou contento sobre todo pola bases de infantís e alevíns, xa que parece que, polo menos, se ve un pequeno grupiño de nenos de novo. A nivel xuvenil e cadete parece que andamos un pouco escasos, houbo un baixón bastante grande nesas categorías, pero parece que agora as bases para o futuro están postas, imos polo bo camiño. Creo que ter o Karpin Galicia aí arriba é un estímulo e un apoio para o día de mañá poder soñar en emular á xente que agora estamos arriba.

Advertisements

1 Response to “Óscar Pereiro: “Acudo coas máximas garantías para disputar a Volta””


  1. 1 angeles 30 Agosto 2007 ás 18:07

    ANIMO, os teus pisanos estamos contigo, vereite en Madrid o vindeiro 23 de setembro…..
    xa sabes ! animo oscar !!….


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: