PP e BNG rexeitan as delegacións do concello de Mos

mos_chus-e-ojea.jpg

:: Ojea quere agardar a que se reedite o pacto para conceder os salarios :: 

Nin a alcaldesa ni ningún concelleiro do Concello de Mos teñen polo momento dedicacións exclusivas. O motivo: foron rexeitadas cos votos do PP (8) e do BNG (3) no pleno celebrado este xoves. 

A razón esgrimida polo voceiro do BNG, Xosé Manuel Fernández Ojea, foi que se trata “dun goberno provisional”, así que ata que se reedite o pacto doe goberno entre a súa formación e o PSOE non aprobará os soldos dos concelleiros. Pola súa banda, Nidia Arévalo, asegurou que “non compensan estas retribucións co que se fixo en catro anos”.  

María Jesús Escudero, alcaldesa de Mos, defendeu sen éxito a súa proposta de dedicacións, esgrimindo que eran moito máis baixas que en outros concellos de similares características e que “a responsabilidade e a entrega deben pagarse”. O seu discurso non xurdiu efecto a pesar que se levaban a pleno dúas dedicacións menos que na pasada lexislatura. A proposta incluía a dedicación da alcaldía (38.952 euros anuais),  educación, emprego e medio ambiente ( en torno aos 31.700 euros anuais) e servizos públicos (29.700 euros). 

“Reincorporarémonos aos nosos traballos e ao tempo nos dedicaremos aos veciños”, sentenciou a alcaldesa.  

Polo momento, o concello de Mos non ten dedicacións, pero si ten as áreas repartidas, así, Gerardo Alonso Porto ocuparase de Educación, Formación, Emprego e Medio Ambiente, Isabel Lago Ribas terá Servizos Sociais e Sanidade, Delfina Rodríguez Lorenzo traballará Cultura, Parques e Xardíns; Manuel Castro Abalo, Vías e Obras máis Deportes; José Campo Vázquez, Servizos e a alcaldesa Mª Jesús Escudero será a  responsable provisional de Economía, Facenda, Patrimonio e Urbanismo.  

:: Un pleno de negativas :: 

En total, contando as dedicacións, eran 19 os puntos da orde do día que se levaban a pleno. Destes, tan só se aprobaron catro puntos: a dotación de conta do informe remitido polo despacho de avogados en relación ao informe solicitado polos posibles defectos de tramitación da autovía; a aprobación definitiva Estudo de Detalle Puxeiros. Polígono Balaídos; a ratificación das alegacións ao expediente de expropiación por taxación conxunta do Parque Empresarial de Mos e a probación proxecto obra rede de sumidoiros Ansar-Fontearbela, da parroquia de Petelos. 

No pleno Nidia Arévalo deixou claro que non aprobaría ningún punto, como non o fixo, referente a ampliacións de créditos ou cambio de afectacións de finalidade de préstamos para levar a cabo obras, votando en cara ao equipo de goberno o non ter orzamentos aprobados. Por este motivo a alcaldesa verase obrigada a levar ao vindeiro pleno o documento dos orzamentos se non quere perder subvencións da Xunta de Galiza para levar a cabo obras de moita importancia no municipio, como o acceso as vivendas de San Eleuterio ou a reparación do vial danado en Louredo polo temporal fai un ano.

Advertisements

2 Responses to “PP e BNG rexeitan as delegacións do concello de Mos”


  1. 1 LOLA 30 Xullo 2007 ás 08:50

    Non sei den quen é a culpa de que non teñamos pacto de esquerdas , pero o que vin o outro día no pleno , cando o BNG votaba o mesmo que o PP , pareceume unha das cousas mais alucinantes que recordo nun pleno . Sentin vergonza allea

  2. 2 Diego 31 Xullo 2007 ás 12:17

    Dame a sensación de que Mª Jesús quere gobernar en solitario a toda costa e ainda botarlle a culpa aos do Bloque. Non pode pretender gobernar como se tivera maioria absoluta cando non a ten. O pacto Psoe BNG é imprescindible para que Mos avance.

    Por certo Mª Jesús comprometeuse no pleno a explicar por que un policia local (Cabo Maravillas para os amigos) cobrou 7 horas extras o dia do pleno que durou hora e media, e 25 horas extras outro dia. A min non me dan as contas, a non ser que este pagando outro tipo de servicios

    Abur


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: