A oposición veta de novo as dedicacións exclusivas para os concelleiros do goberno do Porriño

 

nun-momento-da-votacion.jpg

     :: O alcalde poderá cobrar o seu soldo logo dunha proposta presentada por IdeP tan só rexeitada por Ciudadanos por Porriño e na que se abstiveron os nacionalistas::

 

Cunha orde do día de 17 puntos, no pleno ordinario celebrado onte no Porriño a expectación estaba de novo centrada na aprobación ou non das dedicacións exclusivas para o alcalde e os concelleiros e concelleiras de goberno. O propio alcalde, Raúl Francés, deixou claro que o asunto foi levado a pleno “porque entendemos que é necesario que o equipo de goberno lle dedique ao Concello o tempo necesario, de non ter retribución económica, cada un dos membros deben pedir o reingreso no seus postos de traballo e isto provocaría que o nivel de atención se reducira por incompatibilidade de horarios”. A proposta levada polos nacionalistas contemplaba unha dedicación exclusiva parao alcalde de algo máis de 1.800 euros ao mes e de preto de 1.300 euros para cada concelleiro de goberno. “Cremos que son cantidades básicas se as comparamos coas doutros concellos” resaltou Francés.

 

Unha vez explicada a proposta do BNG comezou o debate: Manuel Carrera, portavoz do Partido Popular, encetouno reprochando aos nacionalistas que “era a terceira vez que traían este punto a pleno e para nós, como xa dixemos nas anteriores sesións, é prioritario una pacto de goberno que o volte estable”. O PP anunciou que votaría en contra da proposta mentres non se fraguara ese posible pacto.

  Pola súa banda, Nelson Santos, de Ciudadanos por Porriño, solicitou que o interventor fixera un informe “exhaustivo” no que se aclarara se o Alcalde estaba cobrando o soldo que nos orzamentos prorrogados dende o 2002 se lle recoñecía e pediu tamén a creación dun reglamento orgánico municipal para coordinar este tipo de temas. Santos dixo que o alcalde tiña que ser “valiente” para afrontar esta situación e apelou tamén á configuración dun pacto de estabilidade. O grupo de Ciudadanos por Porriño, despois de asegurar que entre cargos de confianza e soldos para o goberno “os nacionalistas cobrarían máis de 200.000 euros ao ano” prantexou que se retiraran os salarios do persoal de confianza para abrir unha porta á votación a favor da proposta dos nacionalistas.

  pleno.jpg

 Os socialistas de Iván Vaqueiro lembraron tamén o recoñecemento que os orzamentos anteriores fan dun soldo para o alcalde e amosáronse “preocupados” vendo que o BNG non está a facer “ningún tipo de esforzo” para chegar a acordos e lembrou que o PSdeG-PSOE “continúa a ter as portas abertas”. Quixeron deixar claro tamén que “rexeitan o victimismo político que o BNG está a facer con este asunto” e que non votan en contra desta proposta “para paralizar o goberno”. “Van a ter as portas abertas para negociar, xa o fixeron unha vez e confiamos en que o voltarán a facer”, sinalou Vaqueiro.

  Independientes por Porriño, pola súa banda, en boca do seu líder Gonzalo Ordóñez, insistiron en que “dende un primeiro momento o noso grupo dixo que o alcalde do Porriño ten que cobrar e gostaríanos que o fixera dende xa”. “Cremos-sinalaron- que aquí o importante non é que os concelleiros do BNG cobren ou non senón que fagan o esforzo para chegar a un acordo de gobernalidade”. “Nós prantexamos dende xa que o alcalde e incluso un concelleiro, podería ser o de Vías e Obras, cobre as súas percepecións pero sempre e cando que haxa un acordo maioritario”. É por isto que os Independentes do Porriño presentaron unha proposta, tan só rexeitada polos Ciudadanos por Porriño, pola que o alcalde, se así o desexa, poderá cobrar o seu soldo (1.800 euros). Os representantes do BNG decidiron abstersenesta cuestión.

Tocoulle o turno ao portavoz do BNG, Pedro Pereira, que quixo deixar claro que “ a cuestión importante é si este Concello, co seu potencial e dinamismo, se poder permitir ou non deixar de atender a demanda dos veciños e veciñas e para conseguir esa eficacia o BNG cre que esas retribucións son necesarias”. En canto aos pactos aos que apelaron os outros grupos da corporación Pereira afirmou que “hai un goberno municipal conformado con nomes e apelidos” e que efectivamente están dispostos achegar a acordos puntuais “non só co PSOE” senón tamén cos outros grupos.   

 Francés: “Ninguén nos ten que dicir con quen nos temos que deitar” 

 O alcalde do Porriño quixo tamén deixar claro o seu parecer e replicar aos diferentes grupos as súas intervencións. En canto ao dito por Santos e Vaqueiro sobre se o alcalde podería estar cobrando un soldo sinalado nos orzamentos de 2002, Francés dixo que “este Alcalde non vai recibir nin un céntimo do Concello se o pleno non llo asigna”. Con rotundidade repondeu tamén a Vaqueiro dicíndolle que “nós non vamos de vítimas xa que gañamos as eleccións” e en canto ao pacto que todos os grupos da oposición puxeron como prioridade para votar a favor da proposta Francés sinalou que “un pacto é un matrimonio de conveniencia e ninguén nos ten que dicir a nós con quen temos que casar ou con quen nos temos que deitar. Somos nós os que decidimos”.

 

 

Advertisements

2 Responses to “A oposición veta de novo as dedicacións exclusivas para os concelleiros do goberno do Porriño”


  1. 1 miguel 27 Xullo 2007 ás 09:49

    Que alguien me lo explique, porque debo ser muy torpe, no entiendo nada.
    Al final ¿que? El BNG quiere que cobre el alcalde y sus concelleiros
    Nelson y Gonzalo dicen que cobre el alcalde, pero los concelleiros del BNG no.
    El PP y el Psoe, que no cobre nadie
    El BNG se abstuvo porque quiere que cobre el alcalde y sus concelleiros, osea que o todos o ninguno.
    Es decir, que estamos igual que ayer, ¿no?
    Por favor, que alguien me lo aclare.

  2. 2 eu 27 Xullo 2007 ás 09:57

    Está moi claro. Raúl poderá cobrar o seu soldo se quere: Gonzalo fixo unha proposta e PP, PSOE e, evidentemente, IdeP votaron a favor: BNG se abstivo e o Nelson cos seus votou en contra. Polo tanto: APROBADO.

    Conclusión: Raúl pode cobrar, grazas a esa proposta de Gonzalo, pero os seus concelleiros non, ningún dos partidos da oposición votou a favor da proposta do BNG que pedia dedicación exclusiva para os membros de goberno. Igual que onte non, algo cambiou.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: