O BNG reparte as áreas de traballo agardando que no pleno do xoves se concedan as dedicacións

equipo-goberno.jpg

 :: Francés asegura que é un goberno para os vindeiros catro anos aínda que non descarta aínda un pacto de goberno ::

 Raúl Francés sabe que é difícil pero non imposible, por iso volverá a levar a pleno as catro dedicacións que cree necesarias para que o concello funcione. Mentres tanto, e porque a administración municipal ten que funcionar a pesar da falta de tempo – ou de dedicacións -, xa repartiu entre o seu equipo de goberno ás áreas de traballo. Estas áreas permanecerán así durante toda a lexislatura “salvo continxencias”, segundo explicaba o alcalde esta tarde en rolda de prensa. Estas continxencias serían “que deberamos reubicar algunha área ou que existise algunha outra proposta de goberno na que participe o BNG”. Deixaba así aberta aínda a porta a negociación cos socialistas, unha negociación que lembra que “nós non rompemos” pero que “eles deron un paso que non deben dar: atacar a gobernabilidade”. 

En canto as dedicacións, que se volven a levar a pleno, Francés lembra que son necesarias para un concello con máis de 17000 habitantes e pulmón industrial de Pontevedra. Se non conseguen que o pleno aprobe esas dedicacións Francés pide propostas alternativas, puntualizando que non pasará  por unha reducción das dedicacións, “polo que a outra alternativa é que se constitúa un novo goberno cunha maioría absoluta e non coa lista máis votada, pero iso tampouco depende de nós”.

 Polo momento asegura que teñen “vocación de permanecer os catro anos ao fronte do concello”, confiado en que non haberá moción de censura. “Temos a alcaldía, temos a maioría absoluta no goberno e a maioría absoluta na xunta de goberno, é no pleno onde teremos dificultades papra chegar a acordos”, recoñecía o alcalde pero puntualizaba que “gardamos que haxa unha mutua reciprocidade por parte da corporación para que respecte as competencias do alcalde e da xunta de goberno”. Francés reiterou esta tarde o afirmado xa a semana pasada, que traballarán polo concello do Porriño, aínda que teña que ser no seu tempo libre, aclarando que son un goberno constituído por concelleiros do BNG, pero que non son un goberno do BNG “senón o goberno do Porriño” 

:: Áreas de goberno ::

raul.jpgRaúl Francés

Facenda

Cultura

Contratacións

Persoal

Sanidade e Educación

pedro.jpgPedro Pereira

Vías e Obras

Urbanismo

Patrimonio

Servizos

obdulia.jpg

 Obdulia Diniz

Emprego

Igualdade

Transporte

Sociedade do Coñecemento

Seguridade Cidadán

miriam.jpg Míriam Martínez

Benestar Social

Mocidade

Turismo

Voluntariado Cidadán

Medio ambiente

  

marcos.jpgMarcos Rodríguez

Industria

Desenvolvemento Local

Deportes

Festas

Comercio

Advertisements

0 Responses to “O BNG reparte as áreas de traballo agardando que no pleno do xoves se concedan as dedicacións”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: