60 promesas da música participarán no III Curso Internacional Semana Musical de Salceda

salcedamusica.jpg 

:: A Escola de Música ten programada unha semana chea de actividades musicais :: 

60 privilexiadas promesas da música de toda España participarán do 7 ao 11 de agosto no III Curso Internacional Semana Musical de Salceda de Caselas. Unha cita que chega este ano a súa terceira edición, froito do éxito das dúas anteriores, e que contará con tres grandes maestros da música que impartirán tres asignaturas: Alan Baer, da Filarmónica de Nueva York (tuba), Vicent Alberola (clarinete) e Ingemar Roos da Orquestra Nacional de Suecia (trombón). “Estes  músicos son, a nivel internacional, o mellor que hai nos seus instrumentos”, explicaba hoxe durante a presentación do evento Santiago Lorenzo, secretario da Banda de Música Cultural de Salceda, que organiza o curso. “Os rapaces da banda e da escola terán unha oportunidade única ao poder escoitar e participar nas clases destes músicos”, explicaba Juan Penas, o seu presidente. De feito, aínda que o número de prazas é limitado para “alumnos activos” é ilimitado para alumnos “oíntes”.

 Trátase dun proxecto moi ambicioso que conta cun orzamento de 31.000 euros, para o que a Banda conta coa colaboración económica do Concello, a Deputación, a Xunta e diversas entidades financeiras así como empresas do municipio. Neste senso, o alcalde de Salceda, Marcos Besada, gababa a labor levada a cabo pola Banda ao ter sabido implicar neste proxecto aos empresarios do municipio, “porque é importante que se involucren na cultura”. Así lembraba o importante papel desta banda “non só no papel cultural e musical, senón tamén no social, xa que preto de 200 rapaces están inscritos na escola de música, un traballo moi importante para que a mocidade non estea ociosa”. 

Este curso internacional se complementa cunha semana chea de actividades musicais que se desenvolverán na praza do Concello e no Auditorio todas as noites do 7 ao 11 de agosto. “Queremos que toda a veciñanza salcedense se implique nestas actividades”, aseguran dende a Banda. Para elo darán ao concello un “aire musical”. Na programación de concertos atopamos música clásica, pero tamén folk, “porque hai moita xente que ven de fora e queremos darlle un pouco do noso folk e a nosa cultura internacional”. 

:: Programación Semana Musical de Salceda de Caselas ::

Martes 7, ás 22h
Banda de Música Cultural de Salceda
No Auditorio
Mércores 8, ás 22h
Concerto do Clarinetista Vicent Alberola acompañado ao piano por Alejo Amoedo
No Auditorio
Xoves 9, ás 23.30h
Concerto do grupo Lamatumbá
Venres 10, ás 23h
Concerto a cargo de The Tubes e Turre’s Band
Na Praza do Concello
Sábado 11, ás 21h
Concerto de Clausura a cargo dos alumnos do curso
No Auditorio
 Ás 24h
Concerto do grupo A Roda
Na Praza do Concello
Advertisements

0 Responses to “60 promesas da música participarán no III Curso Internacional Semana Musical de Salceda”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: