O BNG asegura que ‘agora’ non é a súa máxima prioridade negociar co PSOE

 

rolda-de-prensa-do-bng-do-porrino.jpg 

:: Os nacionalistas consideran os votos negativos ás dedicacións no concello un intento de “bloquear” o traballo do equipo de goberno ::

O BNG do Porriño convocou aos medios de comunicación a unha rolda de prensa hoxe na súa sede da rúa Ramón González para explicar en que punto se atopan as negociacións par un pacto de goberno co PSOE. Participaron os responsables da comisión negociadora por parte nacionalista Pedro Pereira, Victoria Cardoso e Xosé Ramón Paz Antón.  Este último foi o primeiro en intervir sinalando que non lle parecía correcto “estar falando cada día nos medios” do pacto cando aínda non se chegou a él pero que “había que responder ás informacións sesgadas e incorrectas que saen estes días nalgúns medios de comunicación”.

Os datos sobre o pre-acordo de goberno co PSOE na última xuntaza, antes do último pleno, foi o primeiro punto da rolda. “Parécenos importante que se coñezan estes datos posto que a información que se daba era sesagada”, engadiu Paz Antón. Para o deputado nacionalista “a votación en contra que realizou o PSOE no último Pleno habre unha crise no noso papel como negociadores xa que os socialistas non nos comunicaron en ningún momento que se rompia a mesa de negociación”. Para Paz Antón o que aconteceu no Pleno foi “un intento de influir no pacto a través da votación. Deixar sen dedicacións ao goberno municipal é bloquear o traballo deste”. Ao remate da súa intervención fixo un chamamento á serenidade “e a traballar tamén desde a oposición pola gobernalidade do Porriño”. Por último sinalou que en ningún momento “pensamos que o PSOE fora a chacha de ninguén e esa palabra non a temos no noso diccionario, unha forza progresista e de esquerdas non debería empregar esa linguaxe”.

Pedro Pereira, na súa intervención, sinalou que “a situación co PSOE está máis alonxada que hai tres semanas”. Pereira indicou que o BNG sempre traballou con tranquilidade e nunca se puxo como prazo dunha negociación o Pleno. “O PSOE ten que entender que agora a situación vai ser distinta. O BNG ten que gobernar en minoría e o alcalde vai a conformar o novo goberno. Estaremos en minoría o tempo que sexa necesario”. Para Pereira O Porriño ten un goberno lexítimo “por ser o máis votado non por ter algúns votos máis na investidura”.

Victoria Cardoso aclarou que “Agora non é a nosa máxima prioridade negociar co PSOE, agora o que temos que facer é solucionar a falta de tempo que ten o equipo de goberno”. Para Cardoso “non é unha cuestión de soldos xa que todos teñen traballo pero si unha importante falta de tempo”. Na súa opinión “O acordo agora non nos soluciona este problema”.

O BNG non entende que un concello das dimensións do Porriño non dispoña de dedicacións para o seu goberno. Por iso, declararon, “o primordial e que o actual responsable do goberno, Raúl Francés, forme goberno, con ou sen coalición”. Os nacionalistas recoñeceron que ata agora primaron as negociacións cos socialistas pero que están abertos a negociar cuestións puntuais con outras forzas da oposición.

De todos os xeitos, os responsables do BNG local sinalaron que ” vai a haber unha xunta de portavoces para o vindeiro pleno da semana que vén, onde entre outros temas se tratará o das dedicacións. Non  sabemos se algún partido cambiará de opinión”.

:: Transcribimos  literalmente o documento do preacordo do pacto de goberno BNG-PSdeG-PSOE facilitado polos nacionalistas aos medios de comunicación na rolda de prensa ::

” Situación da negociación dun pacto de goberno no Porriño entre o BNG e o PSdeG-PSOE na última xuntanza

Áreas do PSdeG-PSOE
1. MEDIO AMBIENTE
Recollida de Residuos Sólidos Urbanos
Xestión do Punto Limpo
Saneamento e xestión da auga
Parques e Xardíns
Limpeza viaria
Disciplina medio ambiental
2. PERSOAL E SEGURIDADE
Persoal
Policía municipal
Educación vial
Tráfico
Transporte
3. DEPORTE, MOCIDADE E OUTROS
Deporte
Mocidade
Festas
Sanidade
Educación
Voluntariado
4. PROMOCIÓN ECONÓMICA
Comercio
Mercados
Feira
Turismo
(Na última reunión celebrada no día anterior ao Pleno de organización do Concello, aproximáronse as posturas solicitando o PSdeG-PSOE a delegación de Facenda coa intención de completar a área de Promoción Económica. Tamén se manifestou a intención socialista de renunciar ás delegacións de Persoal do Concello e Policía Municipal. O BNG comunicou que estudaría igualmente a renuncia prantexada)
REPRESENTACIÓN E DEDICACIÓNS
Correspondería ao PSdeG-PSOE:
1ª Tenencia de Alcaldía
1 dedicación exclusiva
2 dedicacións parciais
1 cargo de confianza
(A previsión de dedicacións necesita-loxicamente- a aprobación do Pleno no queas dúas forzas non teñen maioría. Neste sentido, o acordado entre as dúas comisións negociadoras enténdese como situación ao marxe do que poidan votar aos grupos de oposición)
TEMAS PENDENTES
A conformación da Comisión de Goberno.
A concreción das liñas programáticas conxuntas sobre as que se apuntaron algúns aspectos
Outros pormenores de funcionamento interno”
Advertisements

13 Responses to “O BNG asegura que ‘agora’ non é a súa máxima prioridade negociar co PSOE”


  1. 1 BNG 20 Xullo 2007 ás 14:17

    Estimados/as amigos/as de A Peneira:

    Nas áreas falta a número 2:

    PERSOAL E SEGURIDADE
    Persoal
    Policía municipal
    Educación vial
    Tráfico
    Transporte

  2. 2 mar 20 Xullo 2007 ás 15:58

    está claro que o bng do porrinho sofre unha pataleta , para ser políticos requírese unha madurez que parece non alcanzada polos representantes nacionalistas,
    e agora que? ídesme presentar unha moción de censura?.
    é moito o que se xoga galiza nos concellos e estes bebés como sacaron 2 concelleiros + pensan que son o rei do mambo.
    lembrade que representades a esquerda: diálogo, consenso e responsabilidade. onde está a vosa?

  3. 3 Cuquín 20 Xullo 2007 ás 17:30

    Gustaríame coñecer o que di o PSOE, pois para dar unha opinión habería que escoitar as dúas partes.
    Aparte diso o miña felicitación A Peneira por estas informacións tan puntuales

  4. 4 BNG 20 Xullo 2007 ás 22:06

    Para Mar

    O BNG non representa á esquerda, representa ao nacionalismo.

    No 2003, estes bebés apostaron -en contra da posición inicial do PSOE- e mantiveron durante catro anos un goberno en minoría.

    Xusto aqueles que no 2003 non querían votar a Francés e estiveron a piques de imposibilitar esta etapa de vento fresco na política porriñesa (2003-2007) queren agora dar leccións a todo o mundo.

  5. 5 Eduardo R. Cunha 22 Xullo 2007 ás 18:42

    En catro anos de goberno o BNG soubo administrar o concello de O Porriño. Os resultados saltan á vista e a fluidez, a operatividade e a tolerancia fixéronse notar en toda a cidadadania mal que lle pese a algúns. A coalición có PSOE non foi en van e non está demáis que estes últimos fagan unha reflexión máis profunda do significado que ten apoiar, xa non só ao o BNG, senon tamen a este novo xeito de facer política en coalición polo ben da gobernabilidade de O Porriño. A transparencia conquerida nestes anos de goberno con Raúl francés ao fronte da alcaldia non deberia de deixar indiferentes ou dubidosos aos socialistas xa que estou completamente seguro que o seu traballo tamen vai ser recoñecido polos cidadans de esta vila nas áreas que lle corresponda, que non sou poucas. Catro anos de traballo e transformación do concello non chegan. Precisamos de outros catro para consolidar este proxecto de vila humanizada á que inevitablemente estamos abocados.Un chanzo máis para seguir presumindo do noso pobo.

  6. 6 socialista 23 Xullo 2007 ás 16:44

    BNG.
    Urbanismo y Patrimonio
    Vias y Obras
    Servicios
    Bienestar Social y servicios sociales
    Empleo
    Cultura
    Igualdade
    Hacienda
    Industria

    PSOE
    medioambiente
    educación y deportes
    personal y policia
    las demas no tienen presupuesto ni competencias

    cuatro dedicaciones exclusivas BNG
    Una y dos medias psoe(2)

    Esto no es un reparto normal para ser un 5-3 ni en Porriño ni en Cracovia

  7. 7 miguel 23 Xullo 2007 ás 19:47

    Recuerdo cuanto me alegré al conocer el resultado de las votaciones. Siempre le había votado al Psoe, pero este año le voté al Bloque. No se, me había convencido Raul como alcalde, Porriño había cambiado tanto…pero sobre todo, estaba seguro de que pactaría con el Psoe. Nunca se me ocurrió pensar que estaríamos pasando por este momento. que pena. De verdad, que pena. Cuando parecía incluso que de Nelson se podía esperar algún acuerdo en uno que otro pleno, resulta que estamos provocando peligrosamente que éste acabe apoyando al PP e Idep. Al fin y al cabo, tendría la disculpa perfecta, alegando que estamos ante un concello ingobernable. No sé lo que pensarán los demás porriñeses que le han votado a la izquierda, pero me temo que, como yo, se sentirán frustrados, desilusionados o, lo que es peor, apáticos ante toda la clase política.

  8. 8 BNG 23 Xullo 2007 ás 23:11

    Non se debe ser tendencioso. Pódese estar de acordo ou non, pero non se deben manipular os datos. Por exemplo: para engordar as áreas do BNG pós Servicios que non se sabe o que é. Benestar social e servicios sociais e Igualdade é toda unha mesma área. E ademais inclúes áreas como Industria que non teñen presuposto nin apenas competencias pero no caso do PSOE eliminas -con ese mesmo argumento- Festas que ten exactamente o mesmo presuposto que Cultura. Polo tanto, para expresar o teu desacordo, que me parece moi lícito e que merece todo o respeto, non utilizas con claridade a información. Iso resta credibilidade ao teu argumento, na miña opinión.

    Sobre as dedicacións exclusivas, só dicir que están de acordo co que ti propós. É unha simple operación matemática: Se de oito concelleiros o PSOE ten tres, de 6 dedicacións correspóndenlle 2,25 se aplicamos a regla de tres. Para o BNG o resultado é 3,75. Non parece razonable que 6 dedicacións se repartisen a partes iguais.

    En calquera caso, do texto publicado por A Peneira, despréndese que había acordo en canto as dedicacións e que o desacordo sobre o reparto de áreas dependía basicamente de Facenda. Isto convén dicilo porque ¿se era un acordo tan malo por que estaba tan avanzado?.

  9. 9 socialista 27 Xullo 2007 ás 13:46

    Lo que no me parece normal, y es bueno que se hable de este modo, porque significa que se puede hablar todavía, es que el BNG se quiera “blindar” en sueldos y gobierno antes de llegar a un acuerdo, porque es evidente que la fuerza del PSOE son sus 3 votos.

    El BNG puede construir un gobierno de mayoría pero parece preferir la rentabilidad electoral de un gobierno en minoría y hacer sangre del PSOE poniendolo entre la espada y la pared y diciendoles “humillense ustedes y consolidennos en el gobierno y ya veremos luego, si sois buenos, si os dejamos entrar en el gobierno”. Eso no pasa en ningún lado, y es una actitud que en nada busca la confianza del otro partido.

    Francés dice que el PSOE no le da la mayoría, y es cierto. Tampoco se la dió estos cuatro años pero sí colaboró en que Francés subiera y ha tenido un coste político importante.

    No se puede entender que el BNG caiga en la autocomplacencia de decir que como ganamos las elecciones el resto de los partidos tienen que hacer lo que nosotros digamos, pero lo que me parece más grave es que haya un gobierno que prefiera “llorar ante los porriñeses” en vez de buscar las soluciones al problema de la minoría en la que se encuentra el BNG.

    Dicen que hace más quien quiere que quien puede, y el BNG puede gobernar con mayoría si quiere. Preferir hacer sangre con el PSOE y llamar a mociones de censura antes de actuar con responsabilidad y respeto me parece no solo ridículo sino infantil.

    En cuanto a las áreas, es cierto que se me olvidó poner fiestas (por cierto, cultura tiene bastante más presupuesto que fiestas….), tienes razón, pero eso no es lo más grave. Vuelvo a decir que no es normal que el BNG gestione Urbanismo, Vías y Obras, Cultura, Hacienda, Empleo y Bienestar Social (cuando hablo de Igualdade hablo de Mujer). Y Industria, que también es importante en Porriño.

    Siguiendo tu esquema matemático 5+3= 8

    Si 8 —–> 100%
    5 —–> x

    x= 62%

    BNG—-> 62% del Gobierno
    PSOE –> 38% del Gobierno

    Ese es el esquema. Un 60-40. Ahora te animo a que hagas un cálculo de áreas y presupuesto para ver si realmente las áreas ofrecidas al PSOE se corresponden con un mínimo de proporcionalidad.

    No entro en lo de los sueldos porque creo que la propuesta del BNG en ese tema y en la persona de confianza se aceptaba. Pero es evidente que en las áreas no.

    Espero por el bien de Porriño que haya un acuerdo entre el PSOE y el BNG, y si es necesario que se busque otro aliado para conseguir la mayoría.

    Porque desde luego no se puede ni se debe gobernar desde la torre de marfil. Afortunadamente nadie tiene la razón absoluta. Aunque gane elecciones.

  10. 10 un do BNG 29 Xullo 2007 ás 23:38

    Erros do comentario de “Socialista” ao noso entender.

    Continuamente se desliza a falsedade interesada da posibilidade de crear un goberno en maioría suxerindo que de non haber un pacto BNG-PSOE o goberno será minoritario. Hai que dicir contra os que sementan mentiras que un goberno BNG-PSOE sería igualmente minoritario. O PSOE con tres votos non consolida ao BNG en nada se non existe a participación de máis votos, por tanto, a teoría da humillación é para uso interno dos socialistas que así non se ocupan de pedir contas polo insatisfactorio resultado electoral conseguido a quen teñen que pedirllas. Ás mentiras só fan caso os desinformados ou os fanáticos.

    Pero insistes tanto no tema da maioría (“Dicen que hace más quien quiere que quien puede, y el BNG puede gobernar con mayoría si quiere”) que é necesario facer a pregunta porque ou tes unha intelixencia fora do normal ou non dis todo o que pensas: ¿como se fai unha maioría no Porriño sen contar con partidos de dereita?. Contesta, por favor, a ver se nos iluminas.

    Quizais a resposta sexa a frase: “Espero por el bien de Porriño que haya un acuerdo entre el PSOE y el BNG, y si es necesario que se busque otro aliado para conseguir la mayoría”. Outra pregunta ¿quen ten que buscar outro aliado? ¿ou queres dicir que hai que pactar ademais co PP, con IP ou con CXP?

    É absolutamente falso que o PSOE favorecese o ascenso do BNG por participar no goberno os pasados catro anos e é totalmente falso que iso tivese un coste político. Ao contrario, o PSOE aumentou e conseguiu recuperar a situación de 1991. É dificil xustificar un coste político cando se crece.

    Te esquenceches de incluir a área de Festas e agora mintes ao dicir “por cierto, cultura tiene bastante más presupuesto que fiestas”. A partida presupostaria é común e nos catro anos pasados esa partida dividiuse ao 50% para Cultura que levaba o BNG, e Festas que levaba o PSOE. As mentiras… xa sabes.

    Sobre o que é normal ou non en relación a un reparto de áreas non imos polemizar, ou eu non vou polemizar, porque é un tema complicado establecer que é unha área importante (pódese analizar por presuposto, por interes programático, por rentabilidade electoral, por dificultade de xestión, por cercanía partidaria cunha determinada Consellería da Xunta, ou incluso por ser unha área pouco traballada e con poucos recursos orzamentarios -como as novas tecnoloxías que no presuposto do 2002 non existía-, e outros criterios). Precisamente para falar diso é para o que existía unha negociación entre o PSOE e o BNG que polo que se ten dito non estaban tan distanciados para chegar a un acordo. Os concellos apenas teñen competencias en Industria que corresponden ao goberno autonómico ou ao de Madrid. O feito de que este sexa un concello industrial dalle relevancia a esta área pero non lle dá competencias, que son as que son.

    Estou de acordo e remato igual que ti, cun pequeno matiz: “desde luego no se puede ni se debe gobernar desde la torre de marfil. Afortunadamente nadie tiene la razón absoluta”. Aínda que quede en cuarto lugar nas eleccions.

  11. 11 socialista 31 Xullo 2007 ás 13:44

    Un par de aclaraciones:

    1ª Decir que el PSOE no colaboró en el ascenso electoral del BNG es de necios, habida cuenta que las mayores obras que consiguió el gobierno BNG-PSOE fueron concedidas por las áreas socialistas de la Xunta (a los hechos me remito) además de gestionar sus áreas en el ayuntamiento.

    2º Por cierto que ya reconocí que no había puesto fiestas en mi post anterior, pero te vuelvo a repetir que Cultura tiene más presupuesto que fiestas. Es que es algo numérico, si no lo quieres entender es problema tuyo. No hablo de partidas concretas, hablo de el total. Así que eres tú quien mientes. Ah, si a tí te parece que gestionar casi 250.000 euros como tiene de presupuesto el área de Industria es no ser importante, o gestionar lso polígonos y el suelo industrial del Porriño no es importante me sorprende. No creo que el señor Blanco en santiago esté muy de acuerdo en vista de las visitas que hace a Porriño. Otra cosa es que sea un área del BNG y se pretenda minimizar su importancia para despues rentabilizarla en la Xunta. Pero bueno, eso a mi no me preocupa. Yo creo que es importante aunque coincido contigo en que no es clave. Clave es Bienestar Social, Vias y Obras, Hacienda, Empleo, Cultura, Urbanismo, etc… (es decir, casi todas las que queriais gestionar)

    3º No tengo animo de iluminar a nadie, pero te diré que desde mi punto de vista, la búsqueda de la gobernabilidad debe ser el objetivo de todo gobierno. Pretender gobernar en minoría diciendo que nunca se negociará con CxP o IdeP porque segun tú “son de derechas” no es una postura justificable porque es hipócrita. Hace cuatro años IdeP era lo mejor porque os había apoyado en la investidura ( al margen de lo que realmente pasaba, y que todos sabemos), o todo lo que el BNG negoció con Barros. Ahora es la derecha más rancia. La realidad es que preferís la minoría por rentabilidad electoral. Lo que pasa es que no os atreveis a decirlo así. Un gobierno de mayoría garantiza presupuestos, estabilidad y tranquilidad en la gestión. Un gobierno que no sabe llegar a acuerdos no es un buen gobierno para la ciudadanía. Y no me salgas con lo de la moción de censura porque me entra la risa. Sólo doy mi opinión de observador.

    4º Hace cuatro años los votos del PSOE fueron decisivos para que el BNG alcanzase la mayoría en la investidura, igual que los de IdeP. Todos suman, es cierto. Pero echar a la calle al PSOE como a los perros desde luego no es la mejor manera de agradecer a quienes han estado colaborando con el BNG desde hace muchos años y que en los momentos duros de la anterior legislatura estuvieron siempre apoyando al BNG. Es cierto que huboi unos cuantos desencuentros, pero es algo normal. El PSOE es un partido que aspira a ganar siempre en todas las elecciones para gobernar y llevar adelante un programa de gobierno no una asociación filantrópica de amigos de Porriño.

    5º Por cierto, puedo tener alguna equivocación, como todo el mundo, pero no me dedico a mentir y desde luego no voy como tú dando carnets de honradez. Fai catro anos o PSOE propuxo a Francés como alcalde antes que a IdeP, e gracias a iso ( e por suposto, ó seu traballo, porque eu si son xusto e sí recoñeco non só os erros senon tamén os acertos) ascendeu en votos e escanos.

    Remato. “Ás mentiras só fan caso os desinformados ou os fanaticos”. Pues eso, amigo, aquí PAZ, y en Santiago, gloria.

  12. 12 un do BNG 31 Xullo 2007 ás 23:27

    Eu tamén podo dar pistas. Asinas como socialista e queres facer un goberno con Gonzalo Ordóñez e Marcelino Coto. Está todo dito ¿non?.

    En relación a esta conversa que mantivemos pareceume de proveito. O tema creo que está claro polas dúas partes e reiterarse faría -seguramente- cair máis na propaganda que na reflexión. En calquera caso, unhas derradeiras precisións breves:
    Serei un necio pero opino que o BNG non lle debe o seu ascenso electoral ao PSOE. Teño as miñas razóns para pensar iso e paréceme que ese pensar merece tanto respecto coma outro distinto.
    Serei un hipócrata pero opino que IP e CXP son de dereitas. Son os que falan con Rafael Louzán.
    De “presupuestos, estabilidad y tranquilidad en la gestión” saben moito Barros, Ordóñez e Carrera. Nas últimas lexislaturas o goberno máis dinámico e transformador foi o de 2003-2007, un goberno en minoría.
    Tras este intercambio de argumentos quédame a sensación de que o BNG ten unha débeda histórica co PSOE: por decidir apoiar a Francés antes que IP, por dar os votos a Francés en 2003, por dar apoio ao BNG en momentos duros, polas inversións da Xunta.
    Non me sinto aludido en materia de mentiras. Estes textos están aquí á vista de todos e todas.

  13. 13 socialista 1 Agosto 2007 ás 13:11

    Siguiendo, y para terminar esta intensa pero interesante conversación, te hago también unas pequeñas consideraciones:

    – Es respetable pensar que el BNG no le debe su ascenso en parte al trabajo del PSOE (porque por supuesto, es una opinión subjetiva)

    – Vuelvo a decirte que la gobernabilidad es lo que debe buscar por encima de todo un gobierno.

    – No soy partidario ni de las deudas históricas ni de lso entes abstractos(por eso no soy nacionalista), pero sí de la justicia y de los proyectos compartidos hechos desde el respeto. Por eso el BNG puede navegar solo si así lo cree mejor. El PSOE hizo lo que consideró mejor para Porriño en el 2003, y francamente, creo que acertó, igual que lo ha hecho apoyando a Francés nuevamente a pesar de que sus votos no sirvieran para nada, ni siquiera para que el BNG lo apreciase como una invitación a pensar en la mayoría en el 2011. Creo sinceramente que la campaña electoral cegó al BNG que se ha perdido en los árboles en vez de observar el bosque.

    – Estoy seguro de que en el futuro PSOE y BNG trabajarán nuevamente juntos, como lo hacen en Galicia y en España, pero eso será cuando se negocie desde el respeto y no desde la imposición.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: