Política Territorial está a elaborar un informe para a supresión da peaxe da AP-9

 

trazado-autovia.jpg

:: A Plataforma defendemos enviará un escrito a Fomento para que paralicen o proxecto ::

“En poucos días” estarán no concello de Mos o estudo que está a a elaborar a consellería de Política Territorial para ver a posibilidade de suprimir a peaxe da AP-9. Así o agarda a alcaldesa de Mos, María Jesús Escudero, e así llo fixo saber á plataforma Defende Mos durante a constitución da Comisión de Seguemento do novo trazado da autovía A-52.

 O certo é que a alcaldesa non ten moitas esperanzas de que a consellería admita a supresión da peaxe, xa que a concesión desta autoestrada fíxose fai tan só tres anos. Aínda así asegura que continuarán presionando a Fomento e a Xusta para darlle unha solución a Mos. “Tan pronto teña noticias convocarei de novo unha comisión de seguimento”, asegura Escudero. Será probablemente antes de que remate o mes de xullo. 

Pola súa banda a Plataforma defendemos enviará un escrito a Fomento para que paralicen o proxecto de construcción da nova autovía xa que está a piques de rematar a exposición pública do estudo medio ambiental. “Temos todas as nosas expectativas postas na supresión da peaxe da AP-9, pero sobretodo queremos que veñan e falen con nós, que dean a cara”, asegura o voceiro da Plataforma.

Advertisements

0 Responses to “Política Territorial está a elaborar un informe para a supresión da peaxe da AP-9”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: