O PSdeG-PSOE do Porriño non apoiará a Francés por menos do 40 % da xestión do goberno

 

grupo-municipal-socialista-do-porrino.jpg

 :: Vaqueiro di que non ten en conta as declaracións do Alcalde por estar ” feitas nun momento de tensión” ::

O Partido Socialista de Porriño afirmou hoxe que tra-lo acontecido nos ultimos dous plenos da Corporación Municipal, faise mais patente que Porriño necesita un goberno mais forte e para elo e necesaria unha coalición de goberno entre BNG e PSdeG-PSOE. Para os socialistas, Porriño refrendou os dous partidos que formaron goberno na anterior lexislatura e polo tanto, debe repetirse o pacto de goberno, sempre que se produza en termos de dignidade para as duas partes.

Os socialistas, que apoiaron co seu voto a investidura de Francés como alcalde, consideran que a actitude dunha parte do BNG, non esta a favorecer o acordo entre nacionalistas e socialistas. Segundo o Grupo Socialista, “ un acordo politico ten que fundamentarse na dignidade e no respeto as duas partes que asinan o pacto. E dende logo, o PSdeG non pode asumir un pacto que non reflecta a proporcionalidade de cada partido. Segundo Vaqueiro, BNG e PSOE mantiveron 3 reunions nas que o BNG ofreceu os socialistas areas sen poder nin orzamento. Entre as areas ofrecidas polo BNG o PSOE figuraban policia local, persoal, recollida de lixo e limpeza, festas e educación, areas que os socialistas consideramos non se achegan a proporcionalidade dun 5-3 que e o que corresponde.”
Os socialistas manifestaron que para que exista acordo entre BNG e PSdeG deben cumplirse duas condicions loxicas: “que o PSOE xestione o tanto por cento do goberno local que lle corresponde (case o 40%), e que se faga un reparto respetuoso de areas en funcion dun programa de goberno conxunto. Non pedimos nada mais que o que nos corresponde.

Vaqueiro destacou que “ninguen pode entender que se o BNG afirma públicamente que quere pactar co PSOE,  leve separadamente as delegacions e os soldos dos seus concelleiros a pleno sen acadar un acordo co PSOE. O normal, afirmou o socialista, e acadar un  acordo e logo presentar o goberno ante a Corporación. Non facelo asi “e unha tomadura de pelo que o partido socialista que non vai tolerar”.

O Portavoz socialista declinou facer ningun comentario sobre as declaracions feitas por Francés contra o PSOE nos pasados dias, que calificou de “feitas nun momento de tension e que non responden nin o que realmente pensa do PSOE nin a maneira que ten de entender a politica”, e se amosou seguro de recuperar a confianza entre PSOE e BNG se a relacion destes dous partidos se fai dende o respeto e a confianza como pasa noutros moitos concellos.

:: Portas abertas ao diálogo ::

Por último, o secretario xeral do PSOE, Fernando Rodríguez, afirmou que e bo e desexable que se acade un goberno entre o BNG e o PSOE, e afirmou que as portas estan abertas a dialogar, pero en condicions de dignidade para as duas partes, e se iso non fose posible, o PSOE pasaria a oposición “porque nos non nos presentamos para ter un soldo, senon para levar adiante un programa de goberno para Porriño, e se iso non podemos facelo dende o goberno, o faremos dende a oposición”.

Advertisements

0 Responses to “O PSdeG-PSOE do Porriño non apoiará a Francés por menos do 40 % da xestión do goberno”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: