Raúl Francés: “Seguirei sendo alcalde con soldo ou sen el”

raul_adicacions.jpg

:: O alcalde do Porriño convida a oposición a que presente unha moción de censura : : 

 O alcalde do Porriño, Raúl Francés, xa pediu o reingreso no seu posto de traballo, no Instituto de Salceda de Caselas, logo de que os catro grupos da oposición – PSOE, IdP, CxP e PP – votase onte en contra de conceder ao BNG as catro dedicacións exclusivas que se levaron a pleno. “Seguirei sendo alcalde con soldo ou sen soldo porque fun elixido democraticamente para selo, e o BNG, con soldo ou sen soldo, vai seguir sendo responsable das áreas necesarias para gobernar un concello”, asegurou Raúl Francés nunha rolda de prensa convocada para explicar cómo se desenvolverá o vindeiro goberno. Desenvolverase con moita “intelixencia e motivación”, asegura o alcalde. 

Francés define o seu goberno dos últimos catro anos como un goberno con intelixencia, dedicación e traballo. “Están atentando contra a nosa dedicación e recortando o noso traballo pero non a nosa intelixencia e motivación para facer un Porriño mellor”. Francés asegura que a situación non lle colle de sorpresa e a atribúe a unha situación de “infantilismo e revanchismo porque non son capaces de aceptar que o BNG gañou as eleccións”. 

Mención especial ten para o alcalde o voto en contra das dedicacións do partido socialista, de quen dicía que “terán  que explicar a súa militancia e a súa base social o seu voto porque están tirando pola borda a alternativa ao goberno de dereitas”. A pesar diso o alcalde reafírmase no seu posto e asegura que continuará como alcalde, aínda  que o seu grupo deberá regresar aos seus postos de traballo “porque temos que vivir de algo” 

A pelota, asegura, está no tellado da oposición, a quen pide que traballe en positivo e lembra que a única solución a esta situación sería que presentasen unha moción de censura. “Convido aos catro partidos – incluído ao PSOE – que se atreven a deixar a este barco sen salarios a que tomen eles a nave, pero a través dunha moción de censura”.  

Respecto ás dedicacións (catro: a da alcaldía, urbanismo, emprego e benestar social) o alcalde aclara que son as que considera necesarias para un bo goberno, “son unhas dedicacións nos mesmos termos que na lexislatura anterior”, puntualizando que “non hai en Galicia un concello cunhas características como as de O Porriño onde os seus dirixentes teñan que traballar no seu tempo libre”.

Advertisements

1 Response to “Raúl Francés: “Seguirei sendo alcalde con soldo ou sen el””


  1. 1 Lengua Viperina 14 Xullo 2007 ás 19:56

    ¿Cómo explica IdP y PP el que hayan aprobado salarios para un chófer, dos secretarios y un asesor de un alcalde al que han retirado su salario y que tiene que regresar al colegio a dar clases a crios?
    ¿Es para que tomen los recados que serán atendidos por el alcalde por las tardes?

    ¿Llevará el chófer los mensajes importantes en el recreo a
    Raúl y recogerá las firmas de los decretos en las guardias de tutoría?

    Ay carrerita, carrerita, habeis descarrilado por completo.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: