Verdegaia continúa coa limpeza do río Louro

verdegaia.jpg

 

: : Ingleses, polacos, franceses, italianos e vascos colaboraron coa asociación ecoloxista e co Grupo de Voluntariado Ambiental do Porriño : :

A asociación ecoloxista Verdegaia organizou o pasado sábado a segunda xornada de limpeza no espazo natural das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro. Continuouse coa retirada de lixo da Barreira de Orbenlle -ecosistema onde mora unha das últimas poboacións galegas de sapoconcho común- mais tamén houbo tempo para facer limpeza na Turbeira do Cerquido e na contorna da Lagoa de Budiño. O lixo recollido foi levado este martes polo servizos de limpeza do Concello do Porriño.

A iniciativa xurdiu de oito empregados do Grupo do automóbil GKN que están a facer un curso de formación en Vigo. Ingleses, polacos, franceses, italianos e vascos colaboraron cos socios de Verdegaia e co Grupo de Voluntariado Ambiental do Porriño nesta segunda xornada de limpeza.

A actitude destas persoas foráneas, aseguran dende a organización,  contrasta coas últimas actuacións das Administracións responsábeis da conservación do espazo protexido, “especialmente da Consellaría de Medio Ambiente que recentemente aprobou a ampliación do polígono industrial das Gándaras encol dos bosques de ribeira (hábitats de protección prioritaria para a UE) o que suporá unha alancada máis no propósito da Xunta de facer desaparecer esta área natural”.

Advertisements

1 Response to “Verdegaia continúa coa limpeza do río Louro”


  1. 1 angeles 13 Xullo 2007 ás 09:29

    Non e mais limpo o que mais limpa senon o que menos ensucia. Todo isto esta moi ben pero que pasa cos vertidos que aparecen apestosos despois de Frigolouro ?


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: