O PSOE goberna provisionalmente en solitario o concello de Mos

::Tanto Escudero como Ojea manifestaron xa o seu compromiso de chegar a un acordo para revalidar o bipartito :: 

 

María Díaz/ MOS
Os seis membros electos do Partido Socialista faranse cargo en solitario de todas as áreas do goberno de Mos á espera de chegar a un acordo co BNG para a revalidación do bipartito.
Aínda que a pesar das reunións mantidas ata o de agora non se chegou a ningún pacto de goberno, tanto María Jesús Escudero, alcaldesa socialista, como o voceiro dos nacionalistas, Xosé Manuel Ojea, manifestaron a súa seguridade de que o acordo chegará pronto.


“Estou segura de que o BNG acabará entrando a formar parte do goberno”, asegurou Escudero a este xornal, “pero é necesario que Mos teña un goberno, que haxa un reparto de áreas, que haxa un responsable delegado de área, porque nestes intres todo recae sobre a alcaldía e é imposible levar o concello dende a alcaldía”.
Por este motivo no pleno do pasado xoves nomearonse os concelleiros delegados de área, todos do PSOE. Uns postos provisionais que poderían cambiar tan pronto como se chegue a un acordo de goberno.
Precisamente neste reparto de áreas é onde está a traba para acadar o acordo definitivo entre PSOE e BNG. Dende a alcaldía esgrímese que o panorama político cambiou en Mos, crecendo a diferencia entre os partidos, polo que o reparto non pode ser ao cincuenta por cento como ata o de agora. Pola súa banda, Oje, quen tamén asegura que o acordo chegará en breve, puntualiza que “a traba é que queremos que se visualice perfectamente que somos dous partidos políticos diferentes gobernando”.

Reparto de áreas
Polo momento a alcaldesa, María Jesús Escudero encargarase de Economía, Facenda, Patrimonio e Urbanismo, Gerardo Alonso de Educación, Formación e Emprego; a área de cultura, parques e xardíns estará a cargo de Delfina Rodríguez Lorenxo; Vías e Obras e Deportes será levado por Manuel Castro Abalo. A Área de Servizos Sociais será xestionado por Isabel Lago e finalmente a área de Servizos Públicos Municipais será para José Campo Vázquez.

Advertisements

0 Responses to “O PSOE goberna provisionalmente en solitario o concello de Mos”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: